Unha economía irracional para unha solución nefasta

Reproducimos un artigo de Alicia López Pardo, da Mesa Galega de Educación no Rural contra o indiscriminado peche de unidades escolares no medio rural galego e contra a desaparición de Preescolar na Casa. Neste mesmo sentido, creouse tamén a Plataforma pola Defensa da Montaña, un colectivo que nace co obxecto de loitar contra a eliminación de ditas unidades (ver nova en prensa):  

A barbarie parece non parar, sumadas ao peche do insubstituíble programa Preescolar na Casa chegan máis ameazas de supresión entre as contadas unidades de infantil e primaria que quedan nas zonas máis deprimidas demograficamente, como son as da montaña lucense.

Ante as opinións de defensa e fomento do medio rural que corren por Europa nestes críticos momentos nos que a situación do rural chega a límites do insostible, e ante os proxectos de dinamización económica que para o rural se anuncian, tamén a nivel de programas de fomento global da Comunidade Europea, é inconcibible como Administración Educativa Galega segue actuando cunha cegueira que Read the rest of this entry »

Máis apoios e solidariedade con Preescolar na Casa

Transcribimos unha Carta al Director publicada no diario El Progreso de Lugo asinada por Francisco Candia, Profesor da Facultade de Formación do Profesorado do Campus de Lugo (USC), referente a Preescolar na Casa:

“Non abondaron 35 anos de exitosa experiencia pedagóxica a prol da implicación activa de pais e nais na educación das crianzas, nin o eficaz servizo profesional que viña facendo en galego e
con especial incidencia no medio rural e con colectivos desfavorecidos, nin ter sido un referente para moitos outros programas de educación infantil familiar, nin os premios e
recoñecementos internacionais acadados, nin as 25 mil sinaturas e ducias de apoios colectivos e institucionais que reclamaron a súa continuidade… nada foi abondo para que a Xunta
de Galicia reconsiderase a súa decisión de deixar de financiar o programa, provocando así a súa desaparición.
é moito o que perden as máis de 3.000 familias atendidas anualmente polo programa, é moito o que perde o medio rural, e é moito o que perde a sociedade galega no seu conxunto, pero se cadra darémonos conta de todo isto demasiado tarde.
Desde aquí o meu apoio ás e aos profesionais deste programa modélico, que xa leva tempo
escrito con letras douradas na historia da educación deste país.”

Mostramos tamén algunhas das moitas mensaxes de apoio recibidas neste días. Nunca nos cansaremos de agradecer a tantas e tantas persoas o seu apoio e a súa solidariedade con Preescolar na Casa. Grazas.

“Preescolar na casa non só ensina aos nenos; tamén educa aos pais. Aprendemos a socializar, a xogar xuntos, a compartir, a educar… é moi importante que forme parte da vida das familias até que os nenos empecen o colexio, xa que no rural non temos parques nin garderías onde os nenos podan interactuar, as distancias son grandes e poden pasar varios días dende que dous cativos podan coincidir”.

“Anos de servizo público avalan a Preescolar Na Casa. ánimo”

“Es increible que un programa como Preescolar na Casa, que funciona desde el año 1977, de una utilidad contrastada, sin una mancha en su gestión y con miles de usuarios a lo largo de los años quede sin financiación, y otros, …, en fin”.

“Preescolar na casa é unha iniciativa formidable q leva anos dando froito. Se queremos conservar o tecido social no rural, proxectos como este son imprescindibles”.

“Se debería distinguir entre proyectos de calidad que dan un servicio necesario, y otros proyectos que pudieran ser prescindibles en estos momentos. Preescolar na casa es sin duda uno de los primeros, pues una labor social y educativa imprescindible en zonas del rural gallego. Debiera negociarse una solución que permitiese su continuidad”.

“Como gallego que ha vivido su infancia en un mundo rural tan disgregado, me parece inconcebible la retirada de subvención a un proyecto educativo y social de esta importancia. Se equivocan Vds. de prioridades”.

“Preescolar na Casa é un dos mellores programas educativos a disposición dos pais e nenos, logros tan importantes ningún bo dirixente debe deixar perder”.

“La educación y el cuidado de los niños es uno de los pilares fundamentales del buen desarrollo de cualquier familia/comunidad/pais, y  la mayor riqueza que un país puede desarrollar es un pueblo culto, instruido y educado. La educación no es un lujo es un derecho, lo dice nuestra constitución. El dinero “gastado” en EDUCACION es una inversión de futuro”.

“Son unha nai de tres fillos do rural. Dous deles foron alumnos do programa “Preescolar na casa” cando empezaba a camiñar, pois o maior xa estaba escolarizado. Fun testigo directo do desenrolo deles, especialmente dos dous pequenos. Gracias a dito programa, foi moito mais fácil a seguinte etapa educativa. Seguín o programa ao longo da sua traxectoria, a cal foi moi positiva e frutífera, chegando a acadar premios non só en España, senón a nivel europeo. E de repente, ¡zas!, quítano do medio. ¡Incomprensible! Neste país, todo o que funciona ben a nivel cultural i educativo, hai que quitalo”.

“Porque é unha oportunidade para os pais de poder aprender cómo empezar a educar aos seus fillos dende o nacemento, compartindo experiencias, consultando dúbidas, ademais de comprobar como se desenvolve o neno/a cos demais”.

“Desde sus orígenes en Cáritas Lugo colaboré con Preescolar na Casa. Considero que continúa siendo un proyecto de grandes aportaciones pedagógicas. Me afecto dolorasemente que proyectos como este tengan que morir por falta de apoyos”.

“Preescolar na Casa es una formidable iniciativa, plenamente avalada por los resultados obtenidos durante 35 años y ampliamente reconocida internacionalmente, además de ser una importante ayuda al desarrollo rural tan necesario en estos tiempos”.

“Para nuestro hijo y para nosotros Preescolar na Casa fue un momento especial de aprender y compartir. Gracias a la docente que nos acompañó y ojalá mas familias puedan disfrutar de todo lo que sabía”.


A pesar de todo, Preescolar na Casa segue a ser referente internacional

A pesar da situación pola que estamos a pasar, Preescolar na Casa conserva recoñecementos e mantén a súa proxección internacional. A Fundación ten o apoio da Fundación Bernard Van Leer para participar o próximo mes de outubro no “Encontro Europeo de Apoio á Parentalidade Positiva”, que terá lugar en La Haya (Holanda). Proximamente, o Consello de Europa fará públicos os poñentes definitivos. Este Encontro está organizado polo Consello de Europa,  Eurochild e outros organismos e institucións que velan polos interese da infancia e da educación.

Lamentamos profundamente que un programa como Preescolar na Casa, referente dende o ano 1977, peche aquí as portas por falta de financiamento pero que aínda así sexa modelo e referente noutros lugares.

(Ver nova en prensa)

Preescolar na Casa en Gústannos os bicos

“Teño moitas fotos que me gustan da última xuntanza de Preescolar na casa. Vounas ir poñendo en varias entradas porque o acontecemento deu para moito. Esta foi a última xuntanza, xa non haberá máis, despois de 35 anos de historia. Parece que agora, e tras uns anos en que estábamos empezando a construír algo, a construír a democracia, o país, os dereitos, chegan os tempos de perder. Os de sempre estamos a perdelo todo no presente e estannos a roubar o futuro. Pero parece que seguimos bastante…” (Ver entrada completa)

Estas palabras e outras, aparecen na entrada dun blog, Gústannos os bicos, no que se fala de Preescolar na Casa. Seguimos a agradecer de corazón todas as mostras de apoio e recoñecemento ao noso traballo. (Ver outra entrada referente a Preescolar na Casa neste mesmo blog)

Blog Gústannos os bicos

Blog Gústannos os bicos

Preescolar na Casa en Cuadernos de Pedagogía

A prestixiosa revista Cuadernos de Pedagogía faise eco do fin da actividade da Fundación Preescolar na Casa:

Preescolar na Casa deja su actividad al no tener el apoyo de la Xunta.
La Administración autonómica ha retirado la subvención anual de 500.000 euros a Preescolar na Casa, lo que hace inviable su continuidad. Las 40.000 firmas recogidas no han sido suficientes para evitar que se echara el cierre a un modelo educativo de prestigio internacional, que sólo este curso atendió a casi 4.000 familias gallegas repartidas en 267 ayuntamientos. Padres y orientadores se daban cita en los 660 espacios educativos para analizar las actividades que realizaban con sus hijos, revisar materiales didácticos y resolver dudas. También los niños participaban de estos encuentros que para muchos eran los únicos momentos en los que los que podían compartir experiencias con iguales.
El programa nacía en 1977, en Lugo, de la mano de Antonio Gandoy, secretario de Cáritas Diocesana de Galicia. En aquel momento eran muchos los niños y niñas menores de seis años que vivían en las aldeas y no tenían acceso a una plaza escolar. Ello significaba llegar a la EGB en condiciones desfavorables con respecto a los que procedían de las ciudades. Y Gandoy, conocido como “el cura de la bicicleta”, decidió que había que formar a los padres y madres para que pudieran educar mejor a sus hijos en los primeros años de vida, algo que se sustentaba en un objetivo mucho más ambicioso: instalar en la sociedad la cultura de la Educación Infantil Familiar.
Dejamos el link al artículo sobre este programa que publicamos en la revista de enero de este año: Preescolar na Casa, un proyecto pionero en riesgo

Preescolar na Casa na prensa

A prensa faise eco do fin da actividade da Fundación Preescolar na Casa, poñendo en valor deste xeito, a bondade dun traballo realizado con total honestidade, transparencia e profesionalidade dende o ano 1977. Non podemos máis que mostrar o noso máis sincero agradecemento a todas aquelas familias, nais e pais, mestres e mestras, profesionais e institucións de todo tipo que nos fan chegar a súa solidariedade e os seus ánimos nestes tempos tan escuros. Grazas a todos.

(Ver nova en La Voz de Galicia) (Ver nova en El Progreso) (Ver nova en La Región) (Ver nova en Diario Atlántico) (Ver nova en El Correo Gallego) (Ver nova en Faro de Vigo)

Diante do fin da etapa en Preescolar na Casa

A Fundación Preescolar na Casa puxo fin á súa actividade coa reunión de fin de curso. En dita reunión, a Presidenta da Fundación Marisol Fernández Rocha, en nome de todos os patróns, agradeceu aos traballadores e traballadoras o seu traballo e dedicación ao longo de todos estes anos, manifestando o seu pesar polo peche dunha Fundación que traballou honestamente a prol de mellorar esta sociedade dende o ano 1977. Despois das súas palabras, deuse lectura a unha carta de Alejandro Fernández Pumariño, patrón, ex Presidente da Fundación e persoa que estivo dende os seus inicios en Preescolar na Casa. Deixamos aquí o contido desta carta:

Diante do fin de etapa en Preescolar na Casa

Estamos poñendo remate a un curso escolar e a unha etapa do programa Preescolar na Casa, que pode terminar sendo o remate da súa propia historia.

Estiven acompañando a PnC dende a súa xestación, tanto mentres formaba parte das actividades de Cáritas como dende que acadou autonomía de seu; teño estado presente fisicamente na clausura de algúns dos moitos cursos académicos desenrolados, e hoxe síntome na obriga de dicir algo. Lamentablemente ao final non podo facelo de xeito directo, e por iso remito estas notas que tiña  escritas como guión pra a miña intervención,  por se considerades oportuno que alguén faga lectura dela.

é posible que cumprise esta obriga de dicir algo hoxe  facendo o que contan  fixo Dalí nunha xornada académica nun Centro de Estudios Superiores á que fora convidado: Despois de saudar díxolles ao claustro e alumnos “seré breve; terminé”. Actuando así estaría presente neste acto e, ao tempo, deixaría claro que “non hai palabras”.

De tódolos xeitos hai dúas palabras que non aguanto omitilas: Grazas e ánimo.

1ª GRAZAS!

“é de ben nacidos ser agradecidos”.  A pesares da tristura por ter que compartir a vivencia do remate,  que desexo sexa tan só dunha etapa de PnC, o sentimento de gratitude debe  sobrepoñerse:

- Grazas a tódolos traballadores que fixestes de PnC o que chegou a ser; todos aportástedes saber e entusiasmo ate tal punto que foi posible sacar  aos pais da rutina de cada día para tentar xuntos fornecer as súas habilidades educativas; foi iso o que acadou que unha idea educativa acertada de don Antonio Gandoy fose perfilándose ate acadar o recoñecemento de propios e alleos. Foi o voso traballo polas aldeas, vilas e cidades de Galicia o que mereceu o recoñecemento da sociedade en xeral, e particularmente dos pais que participaron no programa e das autoridades educativas que o validaron, ao punto de que as Administracións o financiaron. Por iso quero deixar constancia neste relevante acto do meu agradecemento a todos, ós que estades aquí hoxe e ós que non puideron estar, e tamén ós que estiveron e deixaron de estalo, particularmente ós que  tiveron que abandonar polo despedimento de hai  seis meses;  que eles recibisen tal despedimento non impediu que, finalmente, teña que acontecer o mesmo para  os demais.

- Grazas aos que foron integrantes do Consello de Caritas de Lugo ate que naceu a Fundación e integrantes do Padroado da Fundacion, dende os finados don Antonio Gandoy, don Aurelio, e dona Adela Vila ate os que o seguen a ser, pasando polos que deixaron de selo por esgotar o prazo para o que foran elixidos ou por vontade propia, porque a súa presenza e intervención non só foi legalmente necesaria senón vivencialmente imprescindible;  non só para o acerto nas decisións senón sobre todo na decisión máis relevante que foi a de tirar para diante a pesares da angustia e medo que sempre nos acompañaron pola inseguridade de futuro, que foi a característica esencial deste programa dende que naceu e ate hoxe

- Grazas aos técnicos das Administracións, tanto da Consellería de Educación como dos demais departamentos da Administración Central, autonómica e local que nos financiaron, por ternos sometido a avaliación permanente tanto dos métodos pedagóxicos empregados como dos resultados acadados, e mesmo por ter revisado tódolos anos as nosas contas; se os Sres. Inspectores de Educación e os Sres. Interventores non tivesen cumprido tales cometidos seguro que non sempre teríamos acertado a estar en estado de permanente revisión.

- Grazas aos que desempeñaron os cargos de decisión nas administracións central, autonómica e local durante o tempo en que estas administracións nos estiveron financiando, porque demostraron saber buscar a maneira de dedicar unha importante cantidade económica para este programa de educación infantil familiar a pesar de dispoñer sempre de orzamentos insuficientes.

Sendo os ingresos da comunidade autónoma de Galicia moi inferiores aos que actualmente tén,  houbo  responsables políticos que foron capaces de dar prioridade ó financiamento  dun programa que estivo a ser durante todos estes anos un acicate eficaz a prol do mantemento do rural.

Os que dirixen agora os departamentos da Xunta de Galicia mudaron de criterio, pero non foi porque o labor dos traballadores de PnC perdese calidade ou eficiencia, pois ningún informe de Inspector de Educación algún se nos fixo chegar en tal sentido. A través dos medios de comunicación chegaron algunhas razóns para ter mudado de criterio, e mesmo en vía parlamentaria se expresaron aparentes “razóns”  para xustificar o remate das subvencións a PnC, pero, con todo respecto, non as estimo convincentes; fronte a elas alzou a súa voz un elevado número de cidadáns e dende logo sindicatos e, mesmo, os partidos políticos. é unha decisión política e hai que acatala, porque non cabe outra, pero quédanos o dereito a discrepar.  Estimo que era máis coherente dicir que é un dos recortes provocados pola crise económica, pero tal alegación non podería evitar que se constatase  que a capacidade económica da Xunta de Galicia é hoxe superior á que tiña cando non só subvencionaba a PnC senón que a impulsou incorporándolle o que fora o programa “En familia”. Xa daquela existían en Galicia as circunstancias escolares ás que agora se alude como razón para afastar a PnC do financiamento.

Grazas a sociedade en xeral por ter acollido o labor desenrolado, por telo valorado, por telo apoiado, por telo defendido… Cantos esforzos dos integrantes dos Sindicatos, dos partidos políticos (de todos eles sen excepción) cantos persoeiros manifestándose a prol de PnC, dende pais e nais que estaban participando ou tiñan participado, ate políticos que estiveron ao noso carón, ate catedráticos das Universidades de Galicia, ate escritores e mesmo tertulianos. A sociedade galega foi un clamor fronte á desaparición de PnC, polo que, a pesares de estar agora na Unidade de Coidados Paliativos,  ainda non está dita a última palabra

2ª.- ANIMO!

Os traballadores de PnC pasades a vivir unha moi triste experiencia, ao igual que moitos miles de traballadores de España; tedes que afrontala coa mesma convicción que tedes afrontado o traballo en PnC; se fostes capaces de conseguir que os pais saísen da súa casa para dedicar un tempo a reflexionar xuntos a prol dos nenos,  tedes demostrado capacidade e forza suficiente para enfrontar a nova situación e saír adiante…

Compartimos a tristura por ver desaparecer algo no que tíñamos ilusión, pero cómpre seguir;  e, por iso,  deséxovos  sorte para que o antes posible contedes con actividade remunerada.

Quero que saibades que estou agradecido pola consideración que sempre me tedes dispensado. Graciñas.

Alejandro Fernández Pumariño

Máis de Preescolar na Casa

O sacerdote e escritor Jenaro Pérez López publicou a seguinte editorial sobre Preescolar na Casa no portal Galicia Dixital. Fai un percorrido polo nacemento, crecemento e dificultades que ao longo dos anos vivíu este programa, ata chegar á situación actual. Recomendamos a súa lectura (ver editorial en Galicia Dixital):

Preescolar na Casa xurdiu dunha necesidade social sentida e da intuición dunha resposta viable e sostible. Cando no ano 1975 volvín a Galicia, na Cáritas de Lugo estaban brotando as primeiras intuicións, as primeiras ideas e pasos coordinados de “Preescolar na casa”. Alí atopeime con Antonio Gandoy e o seu equipo que matinaban arreo cos diversos aspectos dun esbozo orixinario: axudar ós pais á educación dos nenos de 0 a 5 anos do medio rural disperso que habían quedado esquecidos pola Lei de Educación de 1970. De modo temporal, tiven o privilexio, a responsabilidade e a ilusión de participar no deseño e desenvolvemento daquel proxecto en xermes. Aquela intuición e ideas iniciais naceron e creceron dende a base social como unha semente regada polo “cura da bicicleta”, con infinita constancia e paciencia ata converterse nunha experiencia educativa xenuinamente galega, e hoxe amplamente coñecida e espallada.

Aquel proxecto humilde, hoxe convertido nun árbore frondoso, pasa agora por un transo difícil debido a que os responsables do sistema educativo autonómico recortáronlle os medios económicos ata case á soleira da asfixia. Read the rest of this entry »

Preescolar na Casa no programa formativo MáS SOCIAL

Más Social

Más Social

A Fundación Preescolar na Casa asistiu onte ao Taller Alumni Más Social que tivo lugar na Fundación Barrié de A Coruña, presentación do espazo creado para alumnos das edicións do programa formativo MáS SOCIAL, iniciativa pioneira da Fundación Barrié xunto coa Fundación PwC que persigue fortalecer a xestión das entidades galegas prestadoras de servizos sociais promovendo unha acción social sostible.

A Fundación Preescolar na Casa participou na primeira edición xunto con outras nove entidades galegas: Alento, ALIAD-ULTREIA, Asociación ARELA, AFACO, Asociación de Bulímicos y Anoréxicos de A Coruña, Asociación de Familiares y Enfermos Mentales “Morea”, Federación Galega de Institucións para a síndrome de Down, Federación Aspace-Galicia e Ecos do Sur.

As xornadas formativas do programa MáS SOCIAL foron impartidas por profesionais líderes no eido do terceiro sector: Ignasi Carreras (director do Instituto de Innovación Social de ESADE), Toni Puig (profesor de Esade e experto en asociacións de cidadáns), Juan Mezo (Socio-Director de Valores & Marketing), Marcos Concepción (Director Xerente da Asociación Española de Fundraising), Agustín de Asís (Director Gerente en Fundación Summa Humanirate, Javier López (Director da Fundación Barrié) e Carlos Cortés (Director académico do programa Mas Social).

Preescolar na Casa, mantendo a esencia da mellora continua, formou parte deste programa formativo, consciente de que cada tempo precisa dunha resposta axeitada, sempre buscando aprender dos que máis saben en cada eido profesional e compartindo experiencias coas entidades e profesionais que traballamos no eido da prestación de servizos sociais na nosa comunidade.

A Federación de Asociacións de ámbito Social de Lugo manifesta o seu apoio a Preescolar na Casa

A Federación de Asociacións de ámbito Social de Lugo (Fadas) manifesta o seu apoio e reivindica o labor da Fundación Preescolar na Casa. O presidente do colectivo, Manuel Varela, destaca que esta Fundación leva dende o ano 1977 «traballando pola igualdade de oportunidades e pola conciliación da vida familiar e laboral». Suliña que entidades como esta son «primordiais para o mantemento do estado de benestar».

(Ver nova en La Voz de Galicia)

Preescolar na Casa
En Revistas Educativas
Enquisas

Consideras que Preescolar na Casa é un programa necesario?

View Results

Loading ... Loading ...
Arquivos:
Translator
Galician flagItalian flagPortuguese flagEnglish flagGerman flagFrench flagSpanish flagCatalan flag