Archive for the ‘Multimedia’ Category

O tempo dos nenos (Programa nº 684 na TVG)


No programa desta semana na Televisión de Galicia, Juan Antonio Pinto Antón estará hoxe connosco para falar do tempo dos nenos. O tempo dos nenos e das nenas é agora, o presente, onde viven como persoas con dereitos e deberes. Este tempo debería transcorrer ao carón dos que os queren, na familia, escenario privilexiado e microcosmos configurador do seu mundo. “O tempo dos nenos”.

AS COUSIñAS DE CADA DíA

O noso bebé medra. gatea, que é un chanzo máis no seu desenvolvemento. E agora, está aprendendo a camiñar, unha das etapas máis esperadas por nais e pais. Non existe unha idade determinada para aprender a camiñar. Cada neno, cada nena seguen o seu propio ritmo Read the rest of this entry »

Comeza unha nova temporada de PnC na TVG


Temos hoxe no programa que da comezo a este curso a Lois Ferradás, Decano da Facultade de Ciencias da Educación da Universidade de Santiago de Compostela. Con el falaremos da importancia da educación infantil e da parentalidade positiva para a consecución Read the rest of this entry »

Conclusións das I Xornadas Educando na infancia e na adolescencia

As I Xornadas educando na infancia e na adolescencia: Unha mirada á primeira infancia, reuniron en Lugo, os días 12 e 26 de marzo a preto de 200 persoas, (a maior parte profesionais da educación, pero tamén nais e estudantes) que manifestaron, a través da súa alta satisfacción coas xornadas, a necesidade dunha resposta sistémica ás necesidades da infancia e da familia (Ver noticia publicada en La Voz de Galicia). A creación desta resposta precisa a implicación dos diferentes sectores da comunidade, para repensar as ofertas e modelos educativos que existen de acordo coas seguintes premisas Read the rest of this entry »

Os outros dereitos dos nenos

Acabamos de pasar o Día do Neno e da Nena. Falamos dos outros dereitos dos nenos e nenas. Escóitao.

PnC Radiofusión 138-4: Os outros dereitos

Preescolar na Casa en Bos Días (TVG)

No programa Bos Días, da TVG, Juan Antonio Pinto Antón e Enriqueta Alonso falan sobre Preescolar na Casa.

agalega.info - Videos das noticias dos informativos da TVG

Os Espazos das Familias no programa A Revista da TVG

Sara Alonso e Begoña González amosan para o programa da TVG A Revista os Espazos das Familias.

agalega.info - Videos das noticias dos informativos da TVG

Preescolar na Casa en Televinte (Chantada)

Milagros Candal, orientadora de Preescolar na Casa, presenta unha actividade para a televisión local de Chantada, Televinte.

Preescolar na Casa
En Revistas Educativas
Enquisas

Consideras que Preescolar na Casa é un programa necesario?

View Results

Loading ... Loading ...
Arquivos:
Translator
Galician flagItalian flagPortuguese flagEnglish flagGerman flagFrench flagSpanish flagCatalan flag