“O tempo dos nenos”, Preescolar na Casa na Escola de Pais e Nais

Juan Antonio Pinto Antón, mestre e orientador da Fundación Preescolar na Casa, estará este sábado 2 de xuño no Salón de Actos do Pazo de San Marcos da Deputación de Lugo para falar de nenos e nenas, pero non como cascas baleiras que hai que encher de futuro, senón como persoas que teñen todos os dereitos recoñecidos e deberes. E un dos máis importantes é o dereito ao presente. Cómpre insistir na importancia educativa nos primeiros anos, xusto cando nenos e nenas estanse a construír como persoas. é responsabilidade dos adultos deixar aos máis pequenos construír os seus tempos: tempos para os afectos, tempos para a liberdade, tempos para a educación, tempos para a construcción da persoa, tempos para xogar, tempos para que amoblen o cerebro pero tamén o corazón.

Esta charla está enmarcada dentro do programa “Escola de pais e nais”, organizado pola área de Cultura da Deputación de Lugo, Fapacel (Federación Provincial de ANPAS) e a Asociación Sociopedagóxica Galega.

(Ver programa da Xornada “Escola de nais e pais” do sábado 2 de xuño)

No Concello de Sevilla apostan pola parentalidade positiva, como ven facendo Preescolar na Casa dende o ano 1977

Deste xeito, o Concello de Sevilla e a Delegación de Familia, Asuntos Sociais e Zonas de Especial Actuación teñen entre os seus programas a cobertura das necesidades vinculadas ao desenvolvemento, a integración e a participación dos menores que están directamente ligadas ao exercicio dunha parentalidade responsable, que atenda aos fillos e fillas en todas as necesidades, que lles axuden a potenciar os seus talentos y lles facilite a súa integración social como cidadáns libres, autónomos e solidarios.
“Si ser nai e pai non é nunca unha tarefa doada, nos casos nos que os proxenitores teñen dificultades para exercer as súas funcións parentais, ben por atoparse en situacións de necesidade socio-económica, por presentar complicadas traxectorias persoais, situacións vitais problemáticas, baixo nivel cultural e escasas redes de apoio social, etc.; as súas competencias como nais e pais vense con frecuencia fraxilizadas, afectándose así a atención, o coidado e a educación dos seus fillos e fillas. Por isto, con este programa preténdese que todas as nais, pais, fillos, netos, … etc., logren ter as mesmas condicións e se rompan as desigualdades”, dixo o alcalde sevillano Juan Ignacio Zoido.
Neste sentido, un amplo grupo de nais, pais e usuarios dos Servizos Sociais da cidade de Sevilla expresan a necesidade dunha intervención técnica de carácter psicoeducativo, encamiñada a formalos e apoialos en habilidades parentais básicas, potenciando a parentalidade positiva e previndo situacións de risco no desenvolvemento integral dos seus fillos e fillas.
O obxectivo xeral do programa é proporcionar a nais e pais unha experiencia grupal, que potencie o desenvolvemento exitoso e eficaz de aspectos implicados no coidado, educación e socialización dos fillos e fillas, cunha metodoloxía baseada no enriquecemento experiencial, que parte das experiencias dos pais e nais, fomentando as potencialidades parentais e a participación activa das persoas, cun sistema de traballo similar ao que a Fundación Preescolar na Casa ven desenvolvendo dende hai 35 anos. Entre outros contidos, trátase o desenvolvemento infantil, o sistema familiar, actuando como pais e nais, os estilos educativos, normas e disciplina, afecto e comunicación, a resolución de conflitos, as relaciones entre irmáns, o apoio social e integración na comunidade, a familia e a escola, o ocio e o tempo libre, …
En definitiva, unha mostra máis de que o traballo que ven desenvolvendo a Fundación Preescolar na Casa non anda desencamiñado.

(Ver nova en prensa)

Antía Cal no programa de TV (Programa nº 708 na TVG)



Hai 50 anos nacía en Vigo unha escola bilingüe, metade en castelán, metade en inglés. Esta escola vén de recibir o premio “Viguesa distinguida”. Trátase dun recoñecemento do Concello aos 50 anos de vida desta escola. Antía Cal foi a súa creadora, precursora pedagóxica e muller cunha andaina vital moi salientable, adiantada a súa época. Preescolar na Casa séntese moi honrado de poder falar con esta muller creadora dunha escola bilingüe, sen castigos, onde todos era iguais, un lugar onde non se adoutrinase. E onde o galego tamén estaba presente. Falamos con Antía Cal. Read the rest of this entry »

Reportaxe sobre Preescolar na Casa

Deixamos aquí unha reportaxe sobre Preescolar na Casa realizada polos alumnos de Primeiro Ciclo de Realización de Audiovisuais da Escola de Imaxe e Son de Lugo. Dende Preescolar na Casa agradecemos a estes alumnos o seu traballo.

Antía Cal e Francesco Tonucci en Preescolar na Casa

Nestes días pasados, o Equipo de Comunicación da Fundación Preescolar na Casa tivo a sorte de facer sendas entrevistas a Antía Cal e a Francesco Tonucci, entrevistas que se poderán ver proximamente no programa de televisión que se emite na Televisión de Galicia.
Dous grandes persoeiros da educación polos que sentimos un fondo respecto e admiración, dúas persoas adiantadas ao s eu tempo e que foron pioneiros en temas de renovación pedagóxica e na súa maneira de entender a infancia. Recomendamos a todas aquelas persoas interesadas en temas educativos que vexan estas conversas.
(Ver nota en wikipedia sobre Antía Cal)
(Ver nota en wikipedia sobre Francesco Tonucci)

Antía Cal e Francesco Tonucci en Preescolar na Casa

Antía Cal e Francesco Tonucci en Preescolar na Casa

Consumo (Programa nº 707 na TVG)



Falamos con Mª Nava Castro, Presidenta do Instituto Galego de Consumo, organismo co que a Fundación Preescolar na Casa ven de asinar un convenio de colaboración, para a realización de actividades relacionadas coa formación para o consumo responsable na educación infantil. A función principal do IGC é a protección dos consumidores e consumidoras galegos, polo que todas as actividades que realiza están relacionadas coa defensa dos seus dereitos e intereses, recoñecidos Read the rest of this entry »

A Fundación Preescolar na Casa asina un Convenio coa Deputación de Lugo

A Fundación Preescolar na Casa asina un convenio coa Deputación de Lugo para desenvolver o labor educativo na provincia de Lugo, tal e como se ven facendo dende hai xa 35 anos. En palabras do propio Presidente da Deputación, o noso programa é beneficioso en tres sentidos: “a educación, a fixación de poboación do rural e a creación de emprego”. Na firma do Convenio, que tivo lugar na sede de Preescolar na Casa en Lugo, estiveron o Presidente da Deputación de Lugo, José Ramón Gómez Besteiro, o Vicepresidente Primeiro da Deputación, Antón Veiga, e a Presidenta da Fundación Preescolar na Casa, Marisol Fernández Rocha. Agradecemos a confianza desta institución no noso traballo.

(Ver nova en prensa 1)

(Ver nova en prensa 2)

Educación de calidade (Programa nº 706 na TVG)



Volve a estar connosco María Dolores Candedo, Profesora de Pedagoxía Social da Universidade da Coruña e Presidenta de Nova Escola Galega. Falaremos con ela da importancia da educación para a mellora da sociedade. Falaremos de como acadar unha educación de calidade e compensadora de desigualdades. Read the rest of this entry »

Familias participantes en Preescolar na Casa visitan hoxe a Biblioteca Nodal de Lugo

As familias que asisten aos espazos educativos de Preescolar na Casa en distintos concellos da provincia de Lugo visitarán hoxe a Biblioteca Nodal, na rúa Ramón Ferreiro de Lugo. A visita farase en dúas quendas: ás 11h. e ás 16h.
Acompañadas polas orientadoras de Preescolar na Casa, as familias farán un percorrido guiado polos distintos espazos do centro para coñecer con detalle os materiais e servizos que ofrece. Na sala infantil poderán gozar dun contacontos organizado pola biblioteca para recibir as nenas e nenos que participan no programa.
Esta actividade encádrase no obxectivo da Fundación Preescolar na Casa de achegar ás familias todos os recursos educativos que ofrece o contorno.

Preescolar na Casa no último acto da Semana de Acción Mundial pola Educación no IES Carlos Casares de Viana do Bolo

SAME no IES Carlos Casares, con PnC

SAME no IES Carlos Casares, con PnC

O venres 4 de maio tivo lugar no IES Carlos Casares de Viana do Bolo o último dos actos en Galicia da Semana de Acción Mundial pola Educación (SAME). Estiveron os coordinadores en España e en Galicia da Campaña Mundial pola Educación (CME 2012). Neste acto participou  tamén Preescolar na Casa levando un dos seus Espazos das Familias ao acto, para visibilizar a importancia da atención temperá e do importante papel de nais e pais na educación, nun modelo de parentalidade positiva.

O obxectivo da campaña deste ano é sensibilizar sobre a importancia da educación de 0 a 6 años no desenvolvemento das persoas e das grandes diferenzas no acceso á educación temperá segundo a orixe de cada un.

Para máis información pica aquí.

Pica aquí para ver fotos do acto.

Pica aquí para ver nova en La Región.

Preescolar na Casa
En Revistas Educativas
Enquisas

Consideras que Preescolar na Casa é un programa necesario?

View Results

Loading ... Loading ...
Arquivos:
Translator
Galician flagItalian flagPortuguese flagEnglish flagGerman flagFrench flagSpanish flagCatalan flag