Educación de calidade (Programa nº 706 na TVG)



Volve a estar connosco María Dolores Candedo, Profesora de Pedagoxía Social da Universidade da Coruña e Presidenta de Nova Escola Galega. Falaremos con ela da importancia da educación para a mellora da sociedade. Falaremos de como acadar unha educación de calidade e compensadora de desigualdades. Educación de calidade.

AS COUSIñAS DE CADA DíA

Na primeira infancia prodúcense numerosos cambios físicos, psicolóxicos e sociais. Aínda que cada neno é diferente, hai uns aspectos evolutivos comúns. A nosa protagonista atópase na etapa de 12 a 18 meses. Que é o que sucede e cales son os seus intereses? Falaremos do proceso de crecer. Marisela medra.

A AVENTURA DE CRECER

Chegou o tempo de camiñar. Un chanzo máis no camiño do desenvolvemento. E ao facelo, o neno ou a nena entran nunha nova dimensión da actividade sensoriomotriz, chegando a máis obxectos e a máis lugares grazas á marcha. Por isto cómpre que os pés estean nas mellores condicións posibles. Hoxe falaremos da saúde dos pés. Porque a medida que medran, nenos e nenas van adquirindo estabilidade e seguridade na marcha, e adquirindo sensibilidade na planta dos pés. Coidando os seus pés, estamos tamén a coidar a súa saúde. Os pés do neno.

XOGAR E BRINCAR

O noso contorno está cheo de sons. Chegan ata os oídos e no cerebro vólvense intelixibles. Todos somos receptores e produtores de sons. é función dos pais ofrecer aos nenos e nenas contornos sonoros suxestivos e saudables. Porque o son que chega aos nenos, os sons que eles producen, achégaos ao mundo, e si ese universo sonoro é rico e de calidade, edúcaos e axúdalles a desenvolverse mellor. O contorno está cheo de sons.

LIñA DIRECTA
O pediatra e autor do libro “50 cosas que debes saber sobre el recién nacido”, Manuel Silveira contesta á seguinte cuestión: en que consiste o retraso motor e que importancia ten?

CONTRAPORTADA
Rematamos o programa cunha pequena reflexión sobre o camiño consumista no que estamos metido e que tal vez a crise económica nos obrigue a abandonar. Un camiño non consumista.

PREESCOLAR NA CASA ESPAZOS EDUCATIVOS
PROGRAMA de TV Nº 706
TíTULO: Educación de calidade
DATA DE EMISIóN: 12 de maio de 2012

Comments are closed.

Preescolar na Casa
En Revistas Educativas
Enquisas

Consideras que Preescolar na Casa é un programa necesario?

View Results

Loading ... Loading ...
Arquivos:
Translator
Galician flagItalian flagPortuguese flagEnglish flagGerman flagFrench flagSpanish flagCatalan flag