Chegar coa Síndrome de Down (Programa nº 672 na TVG)

Podes ver o programa aquí. Cando chega un neno ou unha nena ao mundo e as súas características están marcadas por algunha síndrome ou discapacidade, a familia precisa dun período de tempo para asimilar esta situación, situación que implica moitas readaptacións entre as que está a busca de información e recursos para esas necesidades específicas de apoio educativo. Antonio Villamarín é pai  dun neno coa síndrome de Down, e hoxe contará no noso programa a súa experiencia. “Chegar coa síndrome de Down”.

AS COUSIñAS DE CADA DíA

Falaremos do afecto entre irmáns. O vínculo entre eles é moi importante, xa que os irmáns serán persoas importantes para nós durante toda a vida. Os pais teremos a obriga de tratar de afianzar este vínculo, fomentando situacións e actividades para compartir, nunha casa na que o diálogo e o feito de compartir presidan as relacións. “Quero aos meus irmáns”.

A AVENTURA DE CRECER

En Bacoi, Alfoz, hai un Espazo das Familias de Preescolar na Casa. Alí saben que a música é moi importante na vida dos máis pequenos. Hoxe cantan a “Cantiga da formiguiña”.

XOGAR E BRINCAR

Hoxe xogaremos cos bebés. Parecen moi fráxiles pero son ben fortes. Acaban de chegar e teñen todo por aprender. Nos seus xenes , nas relacións co contorno e cos demais, atopan o mellor caldo de cultivo para alimentar a súa infinita curiosidade. Texturas diferentes, obxectos diferentes, xogos diferentes. Presentamos moitos xogos con bebés. “Os bebés ábrense ao mundo”.

LIñA DIRECTA

Aurelia Balseiro é a Directora do Museo Provincial de Lugo, e hoxe responde a unha cuestión ben importante: Que lle aporta a un neno ou a unha nena vivir a súa cultura dende as primeiras idades?

CONTRAPORTADA

Rematamos o programa cunha mensaxe de igualdade. Homes e mulleres temos os mesmos dereitos e os mesmos deberes. A igualdade, a paridade e o non sexismo deben estar presentes en tódolos aspectos da vida cotiá. “Igualdade, palabras e realidade”.

PREESCOLAR NA CASA ESPAZOS EDUCATIVOS

PROGRAMA de TV Nº 672

TíTULO: Chegou coa síndrome de Down

DATA DE EMISIóN: 12 de marzo de 2011

Comments are closed.

Preescolar na Casa
En Revistas Educativas
Enquisas

Consideras que Preescolar na Casa é un programa necesario?

View Results

Loading ... Loading ...
Arquivos:
Translator
Galician flagItalian flagPortuguese flagEnglish flagGerman flagFrench flagSpanish flagCatalan flag