A síndrome de Down (Programa nº 671)

Podes ver o programa aquí. A Síndrome de Down é a discapacidade psíquica máis frecuente. Esta síndrome está causada pola trisomía do cromosoma 21. Falaremos das características máis comúns dun neno ou nena que presenta a síndrome de Down, así como dos coidados e das atencións que precisan. Para isto estará hoxe no programa Delfina Pérez, psicóloga da Asociación Síndrome de Down de Lugo. “A síndrome de Down”.

AS COUSIñAS DE CADA DíA

Na primeira infancia prodúcense numerosos cambios físicos, psicolóxicos e sociais. Aínda que cada neno é diferente, hai uns aspectos evolutivos comúns. A nosa protagonista atópase na etapa de 12 a 18 meses. Que é o que sucede e cales son os seus intereses? Falaremos do proceso de crecer. “Marisela medra”.

A AVENTURA DE CRECER

os máis pequenos necesitan moverse. Precisan de movemento. Coñecer e poñer a proba a cada momento o propio corpo axúdalles a descubrir, a crecer, a madurar. Cando se moven cambian, experimentan e descobren mundos novos arriscándose polo redor. Co movemento avanzan cara aos outros e cara a si mesmos. Grazas ao movemento corporal, tamén se move o cerebro. “Cando o corpo se move”.

XOGAR E BRINCAR

Coa chegada do Entroido, ábrense novas portas para o xogo infantil. é unha nova oportunidade de explorar novos camiños de xogos cos máis pequenos. No Entroido xogamos a ser outros, xogamos a facer trasnadas. Xoguemos a correr o carnaval. “Xogar no Entroido”.

LIñA DIRECTA

ángela Torres, psiquiatra e profesora da Universidade de Santiago de Compostela, da resposta a unha pregunta que preocupa a moitos pais e nais: a durmir apréndese?

CONTRAPORTADA

Hai que descubrir formas de coeducar: facendo participar a nenos e nenas nas tarefas domésticas, propoñendo os mesmos xogos para ambos sexos, empregando contos non sexistas, … as posibilidades son moitas. “Coeducar aos máis pequenos”.

PREESCOLAR NA CASA ESPAZOS EDUCATIVOS

PROGRAMA de TV Nº 671

TíTULO: Síndrome de Down

DATA DE EMISIóN: 5 de marzo de 2011

Comments are closed.

Preescolar na Casa
En Revistas Educativas
Enquisas

Consideras que Preescolar na Casa é un programa necesario?

View Results

Loading ... Loading ...
Arquivos:
Translator
Galician flagItalian flagPortuguese flagEnglish flagGerman flagFrench flagSpanish flagCatalan flag