Unha mirada á primeira infancia, este sábado

Este sábado 12 de marzo comeza “Unha mirada á primeira infancia”, xornada coa que  iniciamos un ciclo de debate e reflexións: Educando na Infancia e na adolescencia. Ver noticia en La Voz de Galicia.

“Unha mirada á primeira infancia” quere ser un espazo e un tempo para reflexionar sobre a infancia hoxe; un tempo e un espazo para analizar a realidade, para situar as necesidades de nenos e nenas neste contexto. A través da presentación de diversas experiencias poderemos visualizar un modelo de intervención educativa acorde coas necesidades actuais. Comezaremos polos primeiros anos, pola etapa 0-6, base da educación e desenvolvemento das persoas.

é preciso facer unha análise da resposta que estamos dando ás necesidades dos nenos, a nivel global (políticas de infancia) e a nivel particular (na familia, na escola,…). Queremos ofrecer enfoques globais, amplos, que axuden a comprender mellor a realidade, que nos proporcionen un marco do que partir, e enfoques concretos, necesarios para intervir en realidades específicas e particulares (familia, escola, comunidade, diversidade,…) que nos permitan comprender e articular respostas baseadas na colaboración.

Os obxectivos desta xornada serán, en definitiva, analizar as necesidades da infancia, reflexionar sobre a imaxe da mesma, afondar nas respostas ás necesidades globais da infancia 0-6 e de colectivos específicos e sensibilizar cara á necesaria colaboración dos diferentes axentes relacionados coa infancia.

Educando na infancia e na adolescencia terá continuidade en vindeiras convocatorias, centrándose na educación da infancia 6-12 anos e na adolescencia.

Así, o programa para este sábado na Escola de Maxisterio de Lugo, será o seguinte:

10.00h: Presentación das xornadas

10.30h: Conferencia: Construír a sociedade para e cos nenos, Miguel Angel Zabalza Beraza, Catedrático de Didáctica e Organización Escolar da Universidade de Santiago de Compostela.

11.45h: Descanso

12.15h: Mesa redonda: Miradas da infancia.

- Mirada da familia: Elisa Cano, pedagoga, directora do Centro Albor de Sevilla.

- Mirada da escola: Carmen García Paz, profesora del Ciclo Formativo de Grado Superior de Educación Infantil, CIFP Anxel Casal Monte Alto. A Coruña.

- Mirada da comunidade: José Antonio Caride, Catedrático de Pedagoxía Social, Universidade de Santiago de Compostela.

16.00h: Conferencia: Que necesita a primeira infancia, Lois Ferradás, (Decano da Facultade de CC. da Educación da Universidade de Santiago de Compostela).

17.30h: Descanso

18.00h: Mesa redonda: Espazos de crecemento que responden ás necesidades da infancia:

- Crecer na familia: unha contribución á parentalidade positiva. Fundación Preescolar na Casa.

- Crecer na escola. Alicia Souto Vecino, mestra da Escola de Educación Infantil Vilariño, Poboa do Caramiñal.

- Crecer na comunidade. Anxo Barreiros de la Torre, técnico de Educación, Concello de Oleiros.

20.00h: Remate da xornada.

3 Responses to “Unha mirada á primeira infancia, este sábado”

  • JR:

    Unha boa xornada, moi interesante. Fan falta moitas xornadas como esta para reflexionar sobre a infancia e os seus coidados, e que as administracións teñan esto en conta.

  • JAPA:

    Alí estarei.
    Esta é unha desas oportunidades que se presentan poucas veces na nosa cidade. E cómpre aproveitala.

  • JR:

    A verdade, a xornada foi todo un éxito.

Preescolar na Casa
En Revistas Educativas
Enquisas

Consideras que Preescolar na Casa é un programa necesario?

View Results

Loading ... Loading ...
Arquivos:
Translator
Galician flagItalian flagPortuguese flagEnglish flagGerman flagFrench flagSpanish flagCatalan flag