Author Archive

Lamentarémolo

Transcribimos unha columna de opinión publicada en La Voz de Galicia o 21 de xuño de 2012, asinada por María Campo. Reiteramos de novo o noso sinceiro agradecemento a todas aquelas persoas que valoran o traballo da Fundación Preescolar na Casa ao longo de todos estes anos:
Lo lamentaremos
En nuestra manía de no ocuparnos de las cosas terminamos por dejarlas morir. Da igual lo importantes que fueran. Da lo mismo la función que cumplieran y la que probablemente puedan cumplir. Abandonamos a su suerte las buenas ideas y los valiosos proyectos. Después, cuando percibimos el vacío ponemos en marcha otras cosas que creemos mejores. Pero nunca lo son. Las lamentaciones vienen cuando nos damos cuenta de que nada tenemos, porque nada hemos sido capaces de conservar.
Si alguien no lo remedia, Preescolar na Casa tendrá que cerrar sus puertas. Su desaparición va a dejar una gran laguna que ninguna de las maravillosas administraciones que tenemos será capaz de cubrir. No han querido salvar a una fundación avalada por años de historia, prestigio y un gran trabajo a sus espaldas. Con ella no sólo se perderá un programa pionero y muy elogiado, sino que se irá, también, una de las pocas ayudas útiles y sensatas que recibía la zona rural. Preescolar na Casa ha ayudado a miles de familias prestándoles un servicio único y, si los gestores públicos fuesen un poco más razonables, le echarían una mano para que se pudiesen seguir beneficiando de su actuación muchísimas personas más.
En el absurdo de la burocracia y de las decisiones políticas se hunden muchas iniciativas privadas. Es como si les molestara que sean otros y no ellos los que tengan cosas buenas que aportar. Cuando se percaten del error será demasiado tarde porque ya no habrá ni cenizas para hacerlas resurgir.

Preescolar na Casa en Vía V, con Fernanda Tabarés


Marisol Fernández Rocha, Celia Armesto e José Ramón Gallego falan con Fernanda Tabarés sobre Preescolar na Casa.
(Ver nova en V Televisión)

Un inspector do ensino sobre Preescolar na Casa

Facémonos eco dunhas palabras sobre Preescolar na Casa dun inspector de ensino, publicadas no diario dixital Praza Pública:

“… Canto a Preescolar na Casa, un proxecto que a pesar de insistentes reivindicacións nese sentido, nunca chegou a ser integrado no sistema de ensino público, porque ningún goberno entendeu o seu valor. Agora perde a subvención de fondos públicos, e, Estévez afirma con rotundidade, péchase por simple descoñecemento, e con iso esváese unha aprendizaxe de nenos e de nais que foi pioneira no mundo e modelo de éxito exportado internacionalmente por Galicia. Aquí non sabemos valorar o que temos…”

(Ver artigo en Praza Pública)

Ermitas Fernández, educadora e mestra

Deixamos un artigo publicado no diario El Progreso sobre Ermitas Fernández, a que fora Directora e Presidenta da Fundación Preescolar na Casa.

DICIR Ermitas Fernández é dicir Preescolar na Casa, aposta pioneira de parentalidade positiva en Galicia. é dicir, aprender a ser máis nais, mellores pais. Sementar cidadanía desde os primeiros anos, asignatura sempre pendente que a cegueira política vén de quitar do temario educativo do país. Así somos. Así estamos.

Ermitas é mestra de escola pública. Formalmente xubilada, o seu compromiso coa educación das familias con meniños segue vixente e non vai rematar nunca. O seu silencio hoxe é clamorosa testemuña dunha vida dedicada á educación, a apostar polo rural, a manter aceso o lume do idioma que quenta o corazón de Galicia, a crear na sociedade cultura de infancia.

Na vida de Ermitas cruzouse un personaxe grande e Read the rest of this entry »

A eliminación de Preescolar na Casa

Alicia López Pardo e Xosé Luis Rivas Cruz “Mini”, mestres, falan de Preescolar na Casa no diario dixital Praza Pública:

“Foi un modelo pioneiro, admirable e recoñecido en todo o mundo (…) só quen actúa desde unha ignorancia terrible pode eliminar as subvencións a un programa básico na formación e desenvolvemento do país e do rural, o máis ambicioso e con máis logros na formación do profesorado (…) é unha barbaridade e só desde unha ignorancia terrible se pode deixar morrer Preescolar na Casa (…) a perda de Preescolar na Casa é unha grande mágoa porque un goberno moderno debería tomalo como remedio para a saúde social do futuro (…) é agora cando Europa está a reclamar a recuperación das escolas no rural e modelos como o de Preescolar na Casa, pero nós facemos o contrario”.

(Ver nova en Praza Pública)

Xornada lúdica en Palas de Rei

A semellanza doutros encontros realizados en toda a xeografía galega, onte tivo lugar en Palas de Rei un encontro multitudinario co obxectivo de fomentar as relacións interpersonais entre adultos, nenos e nenas, nunha xornada lúdica na que todos os participantes mostraron o seu apoio a Preescolar na Casa e mostraron a súa incredulidade ante o posible Read the rest of this entry »

O Goberno inclúe a Parentalidade Positiva no Plan Integral de Apoio á Familia

A ministra de Sanidade, Servizos Sociais e Igualdade, Ana Mato, anunciou este martes pasado a creación dunha Comisión Técnica Interministerial de Familia, encargada de elaborar o Plan Integral de Apoio á Familia.
No acto de entrega de Certificados ás Empresas e Entidades Familiarmente Responsables, ao que foi convidada a Fundación Preescolar na Casa, a ministra incidiu na importancia deste Plan Integral, que contempla medidas tales como a mellora na racionalización e flexibilización de horarios laborais, a mellora da fiscalidade das familias, o apoio a familias numerosas e familias monoparentais, o apoio a familias en situación de especial necesidade, a mellora de permisos parentais e o fomento da parentalidade positiva.
En palabras da ministra, “o Goberno considera esencial o recoñecemento e o apoio ao labor que prestan as familias (…) a familia non ten sido valorada e apoiada decididamente polos poderes públicos no pasado (…) a falta de apoio á institución da familia provocou que os nosos índices de natalidade estean entre os máis baixos do mundo (…) existen múltiples evidencias nacionais e tamén internacionais que falan dos beneficios que as políticas familiarmente responsables poden aportar”.

Chámanos a atención esta nova cando aquí en Galicia, a Xunta decidiu retirar a apoio que dende hai tantos anos viña ofrecendo á Fundación Preescolar na Casa, Fundación que sempre apostou pola familia como elemento fundamental para a educación dos fillos e fillas, apostando pola parentalidade positiva dende o ano 1977.

Sobre Preescolar na Casa en V Televisión


Proxectos de dimensións considerables levántanse e seguen adiante en tempos de recortes… outros sofren directamente o efecto dos axustes e chegan ao seu fin. De hoxe en quince días o programa Preescolar na Casa termina despois de trinta e cinco anos de andaina. Neste tempo desempeñaron un importante labor pedagóxico con pais e nenos. (Texto web V Televisión)

(Ver nova na web de V Televisión)

A resistencia da pataca

Manuel Rivas,no diario El País de hoxe, tamén fai unha referencia a Preescolar na Casa “…A supresión dun servizo exemplar como era até hoxe mesmo Preescolar na Casa, despois de décadas de laborioso tecido, merecería unha denuncia ante Dereitos Humanos da ONU…”. Reiteramos que todas estas mostras de respecto cara ao noso traballo fannos máis levadeira a situación tan dura que estamos a vivir.

(Ver artigo no diario El País)

Podían ir as cousas mal, mesmo moi mal, pero en Galicia sempre se dixo que había dous recursos que nunca fallaban. A terra e a retranca.

A terra está aí, terma de nós, coa munición infinda de ovos e patacas. A poesía protexe os seus, dicía Faulkner. Pois así a terra, que protexe os seus e a todo deus.

A terra como grande colchón da crise. A terra nai, a terra pai, a terra avoa, a terra fada e madriña, a tía terra. As incesantes leiras e hortas da terra e do mar. Ese fío de leite entre rueiros, aldeas e barrios. Esa xenerosa retagarda. O tempo das cereixas. A elevación barroca das vides. Esa teimosa resistencia toupeira da pataca. Esa vontade esférica do Read the rest of this entry »

Utopía realizable

Diante da situación na que estamos non podemos máis que dar as grazas máis sentidas a todas as persoas e institucións que nos fan chegar o seu apoio e que fan sentirnos reconfortados, valorando todo o traballo que desenvolveu Preescolar na Casa ao longo de todos estes anos. Reproducimos o texto publicado na contraportada do diario El Progreso o 11 de xuño de 2012:
Vendo a intensidade, emoción e cariño cos que Marisol Fernández Rocha fala, defende Preescolar na Casa un reafírmase en que este proxecto está construído sobre piares de compromiso persoal, entrega e valentía. Que está construído sobre a firme crenza de que Galicia non pode, non ten por que avanzar a dúas velocidades, non ten por que haber nenos de primeira e de segunda. De que é posible a igualdade de oportunidades no noso rural, un rural que é precisamente a nosa maior riqueza, o noso futuro. Marisol, unha mestra de Rececende (A Pontenova) que leva toda a vida dedicada á ensinanza (nas escolas unitarias da Fonsagrada, no instituto de Meira…) , recolleu a testemuña do extraordinario labor de Ermitas Fernández, a anterior presidenta de Preescolar na Casa, e do fundador, Antonio Gandoy. Marisol fixo súa a utopía realizable do cura da bicicleta dende o principio, hai 34 anos, cando ela pasou a formar parte dese proxecto e contribuíu a poñer en marcha e dirixiu o programa de Preescolar na TVG. Agora, como presidenta da Fundación, afronta con enteireza e espírito de loita o difícil e doloroso papel que lle tocou: a incerteza sobre o futuro de todo un modelo sociopedagóxico que ten demostrado que funciona, que é un referente a nivel internacional, pero tamén que segue sendo hoxe igual ou máis útil que cando botou a andar. Eu non fun un neno de Preescolar na Casa, pero sería unha honra telo sido, polos valores nos que está inspirado e polos froitos que ten dado. Sería unha honra vivir as experiencias que miles de nenos da nosa provincia tiveron a sorte de vivir, sobre todo vendo a estima que lle teñen as familias e escoitando o apoio e o cariño cos que, os hoxe rapaces, falan dos seus recordos neste proxecto modélico grazas a persoas como Marisol . Non podemos consentir que a crise se leve por diante ideas tan xeniais, que garanten unha sociedade máis igualitaria e xusta , porque só conseguiremos que nas cidades haxa xente sen espazo e nas aldeas, espazos sen xente.
José Ramón Gómez Besteiro

Utopía Realizable PnC Progreso 11-06-12

Utopía Realizable PnC Progreso 11-06-12

Preescolar na Casa
En Revistas Educativas
Enquisas

Consideras que Preescolar na Casa é un programa necesario?

View Results

Loading ... Loading ...
Arquivos:
Translator
Galician flagItalian flagPortuguese flagEnglish flagGerman flagFrench flagSpanish flagCatalan flag