Coeducación (Programa PnC na TVG nº 686)


Luisa González é directora do Centro de Información á Muller de Ribadeo. Dolores  García  é enfermeira. As dúas pertencen ao Observatorio da Mariña pola Igualdade, e hoxe están no noso programa para falar de coeducación. Queremos saber como podemos superar os estereotipos sexistas, como educar aos nosos fillos e fillas nas emocións e nos sentimentos. Queremos saber como podemos coeducar nas nosas familias e ser conscientes dos modelos que transmiten outros axentes sociais como escolas e medios de comunicación. Coeducación.

AS COUSIñAS DE CADA DíA

Comeza un novo ciclo da natureza. Caen as follas e os días son máis curtos. Outono, estación das colleitas e das vendimas. Habitamos xuntos a casa grande e amable da terra. Estamos ante un tempo e ante unha ocasión inéditas para a exploración e aprendizaxes dos máis pequenos que teñen as portas dos sentidos abertas de par en par. Estes grandes exploradores teñen a oportunidade de probar sabores, olores, cores e texturas que ampliarán os seus coñecementos. Aprenderán a amar e respectar a natureza. Explorar no outono.

A AVENTURA DE CRECER

Estivemos paseando polas prazas e rúas da cidade. Alí, nun recuncho, atopamos un grupo que facía teatro na rúa, Casamanita. Imos asistir en directo á función.

XOGAR E BRINCAR

As mans son as que marcaron a diferenza entre o ser humano e o resto dos animais. Coas mans, o neno e a nena descobren e actúan co mundo que os rodea. Nesta reportaxe, xogaremos xuntos coas mans. Dominando as mans.

LIñA DIRECTA

ángela Torres  é psiquiatra e profesora da USC. Hoxe contesta a unha pregunta que se fan todos os pais e todas as nais cun bebé na casa: Cando está maduro o neno para deixar os cueiros?

CONTRAPORTADA

Como cada 3 de decembro  queremos conmemorar o Día Internacional das Persoas con Discapacidade. Na realidade todos e todos fomos e seremos discapacitados e precisaremos do apoio dos outros. Cómpre recordalo, hoxe.

PREESCOLAR NA CASA ESPAZOS EDUCATIVOS

PROGRAMA de TV Nº 686

TíTULO: Coeducación

DATA DE EMISIóN: 3 de decembro de 2011

Comments are closed.

Preescolar na Casa
En Revistas Educativas
Enquisas

Consideras que Preescolar na Casa é un programa necesario?

View Results

Loading ... Loading ...
Arquivos:
Translator
Galician flagItalian flagPortuguese flagEnglish flagGerman flagFrench flagSpanish flagCatalan flag