A Universidade de A Coruña apoia a Preescolar na Casa
A Xunta da Facultade de Ciencias da Educación da Universidade da Coruña, reunida en sesión ordinaria o 25 de novembro de 2011, acordou subscribir, por asentimento, o manifesto de apoio á continuidade da experiencia socioeducativa Preescolar na Casa.
Agradecemos esta mostra de apoio, unha máis que amosa que dende os máis diversos ámbitos, o programa que desenvolve a Fundación Preescolar na Casa é valorado e considerado de utilidade para a sociedade. Grazas.