Xogo e tradicións (Programa nº 655 na TVG)

Podes ver o programa aquí. Falamos da importancia do xogo como elemento imprescindible no desenvolvemento de nenos e nenas. E falamos concretamente de xogos populares, xogos que aunan tradicións, cultura, aprendizaxe e diversión.  Pía Outeiriño é unha mestra que pertence á Asociación Galega de Xogo Popular e Tradicional, e está hoxe connosco para falarnos do xogo tradicional e das súas didácticas específicas. Recuperar xogos populares e tradicionais é un dos traballos desta asociación preocupada do Patrimonio Cultural e Lúdico, recuperalos para dalos a coñecer aos nosos nenos e nenas. “Xogo e tradicións”.

AS COUSIñAS DE CADA DíA

O Museo Provincial de Lugo está vivo. é un lugar onde habita a memoria, onde o pasado asómase ó presente. E aquí están estas nenas, estes nenos. Miran e ven. Escoitan e respiran. Pisan as pegadas dos que non precederon. Son os nosos herdeiros, donos do presente e protagonistas do futuro. Ampliado en dúas ocasións hoxe o museo ten unha superficie duns 5.000 metros cadrados. Acompañados polos pais, nenas e nenos inician cos ollos ben abertos un percorrido polas pegadas artísticas que van desde a Prehistoria ata o presente, pasando polo espléndida época romana. Das mans dos máis pequenos admiramos e vemos as cousas que foron capaces de facer homes e mulleres desta terra.  “Unha volta polo Museo Provincial de Lugo”.

A AVENTURA DE CRECER

Educar en ecoloxía é ensinar a respectar o medio e o planeta. E a mellor maneira de facelo é a través dos contos. Un conto ecolóxico:  “Shinchanciño de Chantada ou Non tires lixo”.

XOGAR E BRINCAR

Grazas ás mans o home deu ese paso evolutivo que o diferenciou do resto dos animais. Pouco a pouco, dende que nace, o neno toma conciencia do poder das mans. E nós, os pais, podemos e debemos favorecer o seu desenvolvemento a través do xogo. Hoxe imos propoñer uns xogos de habilidade manual. Primeiro, xogamos coa arxila, despois cuns puzzles e despois pescamos. Xogos motrices para favorecer o desenvolvemento óculo-manual. “Coas mans”.

LIñA DIRECTA

Juan Antonio Pinto Antón é orientador de Preescolar na Casa e guionista deste programa. Hoxe fará unha pequena reflexión sobre a saúde das cidades en relación cos máis pequenos. Unha cidade máis humana.

CONTRAPORTADA

Educar para a igualdade de homes e mulleres é educar para ter unha sociedade máis solidaria e máis xusta. “Educar para a igualdade”.

PROGRAMA Nº 655. Xogo e tradicións

DATA DE EMISIóN: 23 de outubro de 2010

Comments are closed.

Preescolar na Casa
En Revistas Educativas
Enquisas

Consideras que Preescolar na Casa é un programa necesario?

View Results

Loading ... Loading ...
Arquivos:
Translator
Galician flagItalian flagPortuguese flagEnglish flagGerman flagFrench flagSpanish flagCatalan flag