Xogo e aprendizaxe (Programa nº 656 na TVG)

Podes ver o programa aquí. Falaremos de porque é importante que nenos e nenas xoguen, xa que se di que “xogar é o oficio do neno”. Falaremos das bondades dos xogos tradicionais no desenvolvemento integral dos máis pequenos .Estará connosco Paco Veiga, mestre e membro da Asociación Galega de Xogo Popular e Tradicional para falar de “Xogo e aprendizaxe”

AS COUSIñAS DE CADA DíA

Paga a pena achegarse cos nenos ata Ferreiravella, en Riotorto, o pobo dos ferreiros. Este oficio artesanal, como tantos outros que deron tanta vida á zona rural, vai esmorecendo. Pero aínda quedan chispas do lume que permitíu fabricar tantos utensilios e ferramentas aquí, neste pobo, onde en cada casa había un ferreiro. Auga, vento e lume son elementos usados desde antigo para traballar, para domeñar e dar forma ao ferro, e transformalo en coitelos e navallas, raños, sachos, fouces e fouciños. Ademais destes elementos, o máis necesario son as mans, o traballo e a experiencia do artesán do ferro. Nenas e nenos abren os ollos. Escoitan e aprenden. Siguen paso a paso a fabricación dunha ferramenta. Pero sobre todo, observan o traballo das mans, a arte dun oficio que tenta sobrevivir nun mundo cada vez máis mecanizado. “A arte do ferro”.

A AVENTURA DE CRECER

No Espazo das Familias de Bacoi, en Alfoz, gústalles cantar. porque a música e as cantigas deben estar presentes tódolos días na vida dos máis pequenos.  “A cantiga de María”.

XOGAR E BRINCAR

Poñeremos ó alcance das mans de David e Nerea pequenos tesouros en forma de obxectos cotiás. Na súa casa procuran que o cesto esté sempre ateigado de obxectos para tocar e mirar, para medir e investigar, cheo de cores, formas e texturas ben diferentes: un auténtico cofre dos tesouros. As conquistas de David, con só dez meses, van a modiño. As de Nerea, un pouco máis rápido. O tacto é ben importante, por iso usa a boca para investigar. Os seus intentos ás veces non teñen éxito. Pero é todo un acerto que teñan ó alcance das mans tantos obxectos da casa para desenvolver as súas habilidades, a súa intelixencia, as súas infinitas ganas de investigar. Aquí, no seu cestiño dos tesouros. “Os tesouros de David e Nerea”.

LIñA DIRECTA

Federico Mayor Zaragoza é membro da Fundación Cultura de Paz, e estivo con nós para contestar a seguinte pregunta: Que opina da colaboración da familia e da escola?

CONTRAPORTADA

A igualdade de homes e mulleres é necesaria para a boa saúde dunha sociedade. Unha sociedade que temos que construír entre todos e entre todas. “Todas, todos”.

PROGRAMA Nº 656. Xogo e aprendizaxe

DATA DE EMISIóN: 30 de outubro de 2010

Comments are closed.

Preescolar na Casa
En Revistas Educativas
Enquisas

Consideras que Preescolar na Casa é un programa necesario?

View Results

Loading ... Loading ...
Arquivos:
Translator
Galician flagItalian flagPortuguese flagEnglish flagGerman flagFrench flagSpanish flagCatalan flag