Encontro Estatal: “Educación para la primera infancia”

A Fundación Preescolar na Casa presenta os seus servizos para a educación e atención a primeira infancia no Encontro entre entidades locais, organizado polo Ministerio de Educación e a Federación Española de Municipios e Provincias  O “Encuentro entre Entidades Locales: Educación para la primera infancia”, tivo lugar en Madrid, os días 14 e 15 de outubro. A través de ponencias, mesas redondas e presentacións simultáneas, os máis de 125 técnicos e concelleiros de educación da totalidade das comunidades autónomas españolas,  tiveron a oportunidade de escoitar e debatir  sobre experiencias e modelos de  xestión de servizos de atención á infancia, entre os que se presentou – nunha mesa dirixida a totalidade do auditorio- o que desenvolve a Fundación Preescolar na Casa.

Unha das conclusións do encontro é que non se pode confundir educación infantil con escola infantil, xa que a educación está presente na familia, na comunidade,… e non tódolos nenos e nenas precisan asistir a unha escola. Neste senso, foron ilustrativas experiencias como as de Preescolar na Casa e as das Illas Baleares, que presentaron outros modelos de atención a infancia, baseados no acompañamento ás familias na súa función de cuidado e educación, a través de espazos de encontro e rentabilizando os diferentes recursos existentes nas comunidades.

Xa na conferencia inaugural, resaltouse a labor da Fundación Preescolar na Casa como pioneira e decana dun modelo de atención á infancia diferente ao escolar e cada vez máis recoñecido e extendido.

Comments are closed.

Preescolar na Casa
En Revistas Educativas
Enquisas

Consideras que Preescolar na Casa é un programa necesario?

View Results

Loading ... Loading ...
Arquivos:
Translator
Galician flagItalian flagPortuguese flagEnglish flagGerman flagFrench flagSpanish flagCatalan flag