Convivencia escolar (Programa nº 693 na TVG)


Manuel Dios é o Presidente do Seminario Galego de Educación para a Paz, e ven de ser nomeado membro do Observatorio Estatal de Convivencia Escolar, organismo que vela pola convivencia dentro dos centros educativos. Para que esta convivencia sexa posible, os centros teñen que artellar os mecanismos necesarios para isto, ademais de tentar que nenos e nenas sexan educados no diálogo e na resolución de conflitos. Convivencia escolar.
AS COUSIñAS DE CADA DíA

Sentir é percibir, experimentar e conmoverse. Sentido é cada unha das facultades que temos as persoas para percibir por medio de órganos corporais a impresión dos obxectos externos e do mundo. Sentir é interpretar. Temos entendemento e damos significado ao que percibimos. Tamén podemos experimentar sentimentos. Sentir é comunicarse. Todo en nós é comunicación: somos mensaxes sensoriais. Recibimos esas mensaxes cando tocamos e cando nos tocan, cando ulimos e saboreamos, cando miramos. A educación dos sentidos comeza cando o neno empeza a relacionarse co medio. Cando mira e quere tocar todo, cando fala e cando escoita, cando se está descubrindo a si mesmo. Somos o que sentimos.
A AVENTURA DE CRECER
Fomentar nos nenos e nenas o gusto pola lectura é unha cousa moi a ter en conta na súa educación. Porque unha persoa que le é unha persoa crítica. Nesta reportaxe damos algunha razón para animar a ler. 33 razóns para ler.
XOGAR E BRINCAR
Desprazámonos ata Cuntis, a visitar o Balneario que hai alí. Un espazo para xogar na auga cos máis pequenos. Nenos e grandes gozamos dos chorros e das correntes de auga. Camiñar na auga, nadar, flotar, salpicar, …, todo vale para pasalo ben. No balneario de Cuntis.
CONTRAPORTADA
A boca é a primeira porta que se abre para coñecer o mundo. Rematamos o programa falando da importancia do sentido do gusto para os máis pequenos. Sabores.
PREESCOLAR NA CASA ESPAZOS EDUCATIVOS
PROGRAMA de TV Nº 693
TíTULO: Convivencia escolar
DATA DE EMISIóN: 04 de febreiro de 2012

Comments are closed.

Preescolar na Casa
En Revistas Educativas
Enquisas

Consideras que Preescolar na Casa é un programa necesario?

View Results

Loading ... Loading ...
Arquivos:
Translator
Galician flagItalian flagPortuguese flagEnglish flagGerman flagFrench flagSpanish flagCatalan flag