Igualdade e Deporte (Programa nº 653 na TVG)

Podes ver o programa aquí. Hoxe no programa abordaremos a problemática da muller en relación co deporte, onde sigue habendo situacións de desigualdade e trato discriminatorio. Educar dende os primeiros anos e dende a familia na coeducación e na igualdade de homes e mulleres ten que ser un obxectivo primordial. “Igualdade e Deporte”.

Marián Fernández Villarino e Cristina López Villar son profesoras de Educación Física nas Universidades de Vigo e A Coruña e tamén das autoras dun estudio publicado titulado “A situación físico-deportiva das mulleres de Galicia” e estarán hoxe no noso programa para falarnos del..

AS COUSIñAS DE CADA DíA

A Granxa Maruxa é moito máis ca unha granxa. é un proxecto ecoloxista onde collen vacas holandesas, exposicións de fotografías, ambientes decorados con moitísimo gusto e música de Mozart. E todo isto da man de Marta álvarez, traballadora do campo, emprendedora que apostou por un trato amable e respectuoso co medio ambiente nas terras do Ulla. Así que nenas e nenos, cos pais fomos ata Cumbraos, unha aldea de Monterroso onde as vacas teñen nome propio. Galego naturalmente. E onde o leite sabe a leite. As vacas múan, naturalmente. E hai ruído de máquinas. Pero se un escoita con moita atención, a fermosa música de Mozart vai enchendo os recunchos da nave onde viven as vacas. Esta e outras cousas verémolas hoxe nesta reportaxe. “Un sitio diferente: Granxa Maruxa”.

A AVENTURA DE CRECER

As pezas son de madeira. Pauciños cadrados. Pauciños redondos. Ben apropiados para xogar con eles buscando un equilibrio inestable. Doris, Mariña e Josué van intentalo unha e outra vez. Xogamos a facer equilibrios de madeira. E facémolo xuntos porque así o xogo é máis divertido. “Equilbrios de madeira”.

XOGAR E BRINCAR

A festa é a festa. San Froilán é San Froilán. A festa está na rúa. A festa está na xente, nos ollos dos máis pequenos. é tempo de pasalo moi ben a carón dos outros. Cousas que non vemos a cotío enchen as rúas. Reclaman a atención de nenas e nenos. No San Froilán, a festa do outono galego, todo está á vista. Todo se compra ou se vende. Todo se pode tocar. E o máis importante: hai que mirar e remirar o que temos diante dos ollos. San Froilán para todos e San Froilanciño para os máis pequenos. Festa. Xogos. Xente que se divirte. Nenas e nenos pasándoo ben. “Pasámolo ben no San Froilán”.

LIñA DIRECTA

Francesco Tonucci, prestixioso pedagogo italiano e impulsor d concepto aceptado mundialmente de “Cidades para os nenos”, responde hoxe a unha cuestión clave: Como debería ser a atención á infancia nos primeiros anos?

CONTRAPORTADA

Os nenos rin e gozan. E aplauden de alegria. Falamos dos aplausos dos nenos. “Aplausos”.

PROGRAMA Nº 653. Igualdade e Deporte

DATA DE EMISIóN: 9 de outubro de 2010

Comments are closed.

Preescolar na Casa
En Revistas Educativas
Enquisas

Consideras que Preescolar na Casa é un programa necesario?

View Results

Loading ... Loading ...
Arquivos:
Translator
Galician flagItalian flagPortuguese flagEnglish flagGerman flagFrench flagSpanish flagCatalan flag