Corresponsabilidade da familia (Programa nº652 na TVG)

Coeducación

Podes ver o programa aquí. Hoxe está connosco Miguel Angel Arconada. O noso convidado é profesor de Secundaria en Palencia, e un gran estudioso da corresponsabilidade e da igualdade, con moitas publicacións nas súas costas. Educar ós fillos na corresponsabilidade e no reparto de tarefas é imprescindible para acadar nenos e nenas máis libres e solidarios. Pero este traballo ten que comezar nas primeiras idades. “Corresponsabilidade na familia”.

AS COUSIñAS DE CADA DíA

Un ambiente harmonioso e cálido é o escenario ideal para que os máis pequenos desenvolvan unha personalidade sana. Para iso hai que respectar as necesidades básicas dos nenos nun ambiente onde poidan estar relaxados, un lugar seguro para moverse e xogar, onde tamén haxa recunchos para sentarse e gozar dos contos. Neste ambiente afectivo e educativo o xogo é primordial. Xogando atópanse libres, donos das súas accións, dos intentos e fracasos, das súas aprendizaxes. O ambiente está feito de espazos, de contactos, de palabras risa e ruídos e da satisfacción das necesidades de nenas e nenos. Falamos dun ambiente seguro, coidado e estimulante onde nenos e nenas constrúen a súa autonomía ó tempo que desenvolven unha personalidade equilibrada e feliz. “O ambiente é a vida”.

A AVENTURA DE CRECER

O ser humano nace inmaduro e inacabado pero con grandes capacidades para aprender. Esta aprendizaxe vaina realizar o neno a través do movemento e dos sentidos. E hoxe centrarémonos no sentido do tacto. “Suave, suave”.

XOGAR E BRINCAR

A cociña é un dos escenarios da casa con maiores posibilidades educativas. Os protagonistas deste reportaxe poñen o traxe de científicos para experiemntar coa auga. Líquido, sólido e gaseoso son os tres estados cos que nos atopamos a auga na natureza, e hoxe reproducímolos na nosa casa para o goce dos máis pequenos. “Experimentamos con xeo”.

LIñA DIRECTA

Federico Mayor Zaragoza é o Presidente da Fundación Cultura de Paz, e hoxe fala connosco sobre os dereitos humanos. Os dereitos humanos teñen que estar sempre presentes na educación dos nenos e das nenas.

CONTRAPORTADA

O mundo está cheo de formas. Círculos, cadrados, rectángulos, triángulo, …, todo o que nos rodea está baseado nestas formas básicas. “o mundo está cheo de formas”.

PROGRAMA Nº 652 na TVG. Corresponsabilidade na familia

DATA DE EMISIóN: 2 de outubro de 2010

Comments are closed.

Preescolar na Casa
En Revistas Educativas
Enquisas

Consideras que Preescolar na Casa é un programa necesario?

View Results

Loading ... Loading ...
Arquivos:
Translator
Galician flagItalian flagPortuguese flagEnglish flagGerman flagFrench flagSpanish flagCatalan flag