Archive for the ‘A Fundación nos medios’ Category

I Xornadas Educando na Infancia e na Adolescencia

I Xornadas Educando na Infancia e na Adolescencia (Preescolar na Casa)

I Xornadas Educando na Infancia e na Adolescencia (Preescolar na Casa)

A Fundación Preescolar na Casa, a Fundación SM e a Escola Universitaria de Formación de Profesorado de Lugo-USC, organizan estas primeiras xornadas coas que, baixo o título Unha mirada á primeira infancia, se inicia un ciclo de debate centrado nos primeiros anos  que se pretende teña continuidade noutras xornadas que abordarán as etapas da infancia (6-12) e adolescencia (12-16).

Comezaremos polos primeiros anos, pola etapa 0-6, por ser a base da educación e desenvolvemento das persoas.

Como se concreta no Programa Unha mirada á primeira infancia, faremos unha análise da resposta que estamos dando ás necesidades dos nenos, a nivel global (políticas de infancia) e desde contextos particulares (familia, escola, comunidade); queremos elaborar unha visión da infancia desde as súas necesidades e as súas competencias, que nos leven a definir e comprender modos de intervención acordes coas mesmas, e respectuosos coas distintas realidades actuais (inmigración, novas tipoloxías familiares,…). 

As persoas interesadas nesta temática poden inscribirse a partir do día 4 de febreiro a través da páxina web da Fundación Santa María.

Ver reseña na Revista Galega do Ensino, EDUGA, editada pola Consellería de Educación da Xunta de Galicia.

Preescolar na Casa a prol da integración

(Ver noticia en La Voz de Galicia). A Fundación Preescolar na Casa ten como misión difundir unha cultura da infancia e reforzar a competencia educativa familiar promovendo espazos educativos nos que se acompaña á familia na aventura de crecer e no desafío de educar. Con este obxectivo, as orientadoras e orientadores participan mañá venres nunha xornada formativa na que intervirán José Manuel Pérez Folgueira –membro da Asociación Lucense de Promoción e Integración Xitana- e Saray Durán Gato –da ONG Ecos do Sur. Os relatorios afondarán nas características culturais destes colectivos e nos prexuízos e dificultades que afectan ás familias na súa tarefa educadora. As conclusións da xornada servirán Read the rest of this entry »

Dereito a Tempos de Crianza no ámbito da Familia

A Fundación Preescolar na Casa súmase ao Manifesto da Asociación Galega de Pais e Nais Separados que reivindica no Día Internacional dos Dereitos dos Nenos e das Nenas (Ver programa de actividades) o dereito a tempos de crianza no ámbito da familia. (Ver noticia en El Progreso). Lerase dito Manifesto. Read the rest of this entry »

Familias de A Mariña participan en Preescolar na Casa

Noticia que aparece en La Voz de Galicia o 14/11/2010. Preme aquí.

Historia dunha atinada intuición

Preescolar na Casa: historia dunha atinada intuición é un artigo publicado no último número da Revista Galega do Ensino (EDUGA). Neste mesmo número, un orientador da Fundación Preescolar na Casa participa nunha entrevista a catro bandas: como educar no mundo dixital?

Preescolar na Casa en Bos Días (TVG)

No programa Bos Días, da TVG, Juan Antonio Pinto Antón e Enriqueta Alonso falan sobre Preescolar na Casa.

agalega.info - Videos das noticias dos informativos da TVG

Os Espazos das Familias no programa A Revista da TVG

Sara Alonso e Begoña González amosan para o programa da TVG A Revista os Espazos das Familias.

agalega.info - Videos das noticias dos informativos da TVG

Preescolar na Casa en Televinte (Chantada)

Milagros Candal, orientadora de Preescolar na Casa, presenta unha actividade para a televisión local de Chantada, Televinte.

Preescolar na Casa en Ben falado!

A Fundación Preescolar na Casa no programa Ben falado! da TVG. (Podes ver o programa aquí)

A Fundación Preescolar na Casa inicia o novo curso 2010/2011

O venres 3 setembro celébrase en Lugo, na sede da Fundación Preescolar na Casa: Garaballa de arriba, nº 9, a reunión de Comezo de curso de tódolos profesionais que forman o equipo da Fundación Preescolar na Casa. Ver noticia en El Progreso.

Esta xornada, que reúne aos 60 profesionais da Fundación, contará coa presencia de Carmen Lago de Lanzós Tomás, Xefa do Servizo de Familias do Ministerio de Sanidade e Política Social, para disertar sobre parentalidade positiva. Read the rest of this entry »

Preescolar na Casa
En Revistas Educativas
Enquisas

Consideras que Preescolar na Casa é un programa necesario?

View Results

Loading ... Loading ...
Arquivos:
Translator
Galician flagItalian flagPortuguese flagEnglish flagGerman flagFrench flagSpanish flagCatalan flag