Preescolar na Casa a prol da integración

(Ver noticia en La Voz de Galicia). A Fundación Preescolar na Casa ten como misión difundir unha cultura da infancia e reforzar a competencia educativa familiar promovendo espazos educativos nos que se acompaña á familia na aventura de crecer e no desafío de educar. Con este obxectivo, as orientadoras e orientadores participan mañá venres nunha xornada formativa na que intervirán José Manuel Pérez Folgueira –membro da Asociación Lucense de Promoción e Integración Xitana- e Saray Durán Gato –da ONG Ecos do Sur. Os relatorios afondarán nas características culturais destes colectivos e nos prexuízos e dificultades que afectan ás familias na súa tarefa educadora. As conclusións da xornada servirán para avanzar na adecuación dos programas ás súas necesidades. A Fundación Preescolar na Casa leva máis de trinta e tres anos dedicada á formación de nais e pais con nenos nas primeiras idades. Os seus sesenta e sete orientadores –mestres, psicólogos e pedagogos- atenden este curso catro mil familias que asisten ás reunións de formación en concellos de toda Galicia. A Fundación pretende seguir ampliando a cobertura dos seus servizos adecuando os programas ás necesidades de colectivos en situación de risco social ou en circunstancias especiais. Nesa liña, desenvolve xa programas en colaboración co Proxecto Home, intervindo con pais e nais en proceso de rehabilitación, e coa prisión de Teixeiro, onde se traballa con internas e internos que teñen fillos dentro ou fóra do centro.

Comments are closed.

Preescolar na Casa
En Revistas Educativas
Enquisas

Consideras que Preescolar na Casa é un programa necesario?

View Results

Loading ... Loading ...
Arquivos:
Translator
Galician flagItalian flagPortuguese flagEnglish flagGerman flagFrench flagSpanish flagCatalan flag