Dereito a Tempos de Crianza no ámbito da Familia

A Fundación Preescolar na Casa súmase ao Manifesto da Asociación Galega de Pais e Nais Separados que reivindica no Día Internacional dos Dereitos dos Nenos e das Nenas (Ver programa de actividades) o dereito a tempos de crianza no ámbito da familia. (Ver noticia en El Progreso). Lerase dito Manifesto.

1. Pola defensa das nenas e nenos a poder contar efectivamente nun plano de igualdade co seu pai, a súa nai, as súas familias e ámbitos sociais extensivos.

2. Pola necesaria coordinación entre as familias, as políticas, os programas e servizos educativos, sanitarios, sociais, culturais, deportivos e de todo tipo dirixidos a promocionar e facer efectivos os Dereitos de Nenos e Nenas e facilitar a educación para o cumprimento dos seus deberes.

3. Polo fomento do bo trato.

4. Pola conciliación da vida laboral e familiar por políticas que poñan os medios que permitan que os nenos e nenas poidan ter os coidados e educación familiares básicos.

Comments are closed.

Preescolar na Casa
En Revistas Educativas
Enquisas

Consideras que Preescolar na Casa é un programa necesario?

View Results

Loading ... Loading ...
Arquivos:
Translator
Galician flagItalian flagPortuguese flagEnglish flagGerman flagFrench flagSpanish flagCatalan flag