A Fundación Preescolar na Casa inicia o novo curso 2010/2011

O venres 3 setembro celébrase en Lugo, na sede da Fundación Preescolar na Casa: Garaballa de arriba, nÂș 9, a reunión de Comezo de curso de tódolos profesionais que forman o equipo da Fundación Preescolar na Casa. Ver noticia en El Progreso.

Esta xornada, que reúne aos 60 profesionais da Fundación, contará coa presencia de Carmen Lago de Lanzós Tomás, Xefa do Servizo de Familias do Ministerio de Sanidade e Política Social, para disertar sobre parentalidade positiva.

Durante máis de 33 anos, cada ano por estas datas, este equipo de profesionais xúntase para iniciar as actividades que se realizarán neste curso que comeza. As mesmas están enfocadas a difundir unha cultura da infancia e reforzar a competencia educativa familiar, promovendo espazos educativos nos que se acompaña á familia na aventura de crecer e no desafío de educar.

Este curso asumirase un reto importante, que é desenvolver o Plan Estratéxico desta Fundación para os catro anos previstos.

As accións habituais da Fundación son:

Servizo de orientación ás familias: os Espazos das Familias (reunións de orientación directa coas familias de carácter quincenal),

Servizo de Difusión: programas na Televisión de Galicia, na Radio Galega, en Cadena Ser Monforte e Vilalba, en Radiofusión (*) e a edición dunha revista bimensual, a presenza en mesas, plataformas.

Na reunión presentaranse as novidades e o Plan Anual do curso que vai comezar.

Do traballo desta Fundación benefícianse preto de 5000 familias cada ano, e cada ano estas familias valoran o servizo que se lles ofrece dunha forma moi positiva.

(*) O programa de televisión de Preescolar na Casa que se emite tódolos sábados ás 8:30 horas da mañá, comeza a súa emisión na TVG o vindeiro 25 de setembro coa emisión do programa número 651.

O programa da Radio Galega emítese os domingos ás 8:30.

Pola súa banda, o programa de radio en Radio Principal-Cadena Ser en Monforte e Vilalba que se emite os domingos ás 13:45 horas comezará a súa presenza nas ondas neste curso o domingo 27 de xuño.

Os espazos de Radiofusión continuarán a súa emisión diaria (Radiofusión é a programación común elaborada polas emisoras municipais galegas).

Comments are closed.

Preescolar na Casa
En Revistas Educativas
Enquisas

Consideras que Preescolar na Casa é un programa necesario?

View Results

Loading ... Loading ...
Arquivos:
Translator
Galician flagItalian flagPortuguese flagEnglish flagGerman flagFrench flagSpanish flagCatalan flag