Comeza a emisión de Preescolar na Casa na TVG
O sábado 25 de setembro comezou a nova tempada de Preescolar na Casa na TVG. Neste primeiro programa do curso, diversos personaxes relacionados coa educación como Beatriz Trueba, Alicia Vallejo, Neira Cruz ou Manuel Dios, reflexionan sobre a importancia dos diversos aspectos que rodean o desenvolvemento do neno como o xogo, a estimulación, a música, os contos, …, en definitiva, unha folla de ruta do que será este programa dunrante esta nova tempada. Podes ver o programa aquí.