Author Archive

A Fundación Preescolar na Casa desexa a todos Bo Nadal e Feliz 2011

Para os pais e nais que terman da vida / Para as nenos e os nenos que nos dan esperanza / Para todas as mans que nos terman / Para todas as caras que sorrín / Para todas e todos, BO NADAL

Bo Nadal Preescolar na Casa

Bo Nadal Preescolar na Casa

Preescolar na Casa, a experiencia máis valorada en Europa

No Seminario Internacional celebrado en Wroclaw (Polonia), onde se reuniron rexións europeas para intercambiar boas prácticas e experiencias para solucionar problemas comúns a estas rexións incluíuse a Preescolar na Casa como proposta de boa práctica para proxectos Interreg IVC con 14 rexións europeas, proxectos en áreas illadas para romper o círculo de exclusión territorial.

Dentro do Grupo de Traballo “A formación e a educación ao longo da vida” presentouse o labor que realiza a Fundación Preescolar na Casa xunto con outras 29 experiencias máis de diferentes países de toda Europa. De entre 11 experiencias seleccionadas por boas prácticas, a máis votada foi a de Preescolar na Casa.

Entrevista a Rosa Jové

Rosa Jové, autora dos libros “Dormir sin lágrimas” e “La crianza feliz” aborda nesta entrevista temas sobre crianza respectuosa. Fala da importancia da tribo, da sociedade en xeral para educar aos máis pequenos, sobre todo nestes tempos en que é tan difícil conciliar a vida familiar. Traemos aquí esta entrevista porque Preescolar na Casa leva 33 anos movéndose nesta liña, apostando pola crianza e pola educación respectuosa dende a familia. Le a entrevista aquí.

Preescolar na Casa a prol da integración

(Ver noticia en La Voz de Galicia). A Fundación Preescolar na Casa ten como misión difundir unha cultura da infancia e reforzar a competencia educativa familiar promovendo espazos educativos nos que se acompaña á familia na aventura de crecer e no desafío de educar. Con este obxectivo, as orientadoras e orientadores participan mañá venres nunha xornada formativa na que intervirán José Manuel Pérez Folgueira –membro da Asociación Lucense de Promoción e Integración Xitana- e Saray Durán Gato –da ONG Ecos do Sur. Os relatorios afondarán nas características culturais destes colectivos e nos prexuízos e dificultades que afectan ás familias na súa tarefa educadora. As conclusións da xornada servirán Read the rest of this entry »

Consumo responsable (Programa nº 662 na TVG)

Podes ver o programa aquí. Chega o Nadal, e con el chega a furia consumista. Mercar comida, agasallos, xoguetes, …, algo que facemos case que compulsivamente nestas datas. E cómpre facelo con algo de cabeza. Para facelo así, estará hoxe no noso programa a Directora da Escola Galega de Consumo do Instituto Galego de Consumo da Xunta de Galicia, Esther álvarez, coa que falaremos de consumismo e de Read the rest of this entry »

Esta semana na radio, Control de esfínteres e Habilidades sociais

O Espazo Educativo da Fundación Preescolar na Casa na Radio Galega aborda esta semana o control de esfínteres dende a pediatría. Falamos con José Luis Fernández Iglesias do proceso de maduración previo á retirada dos cueiros.  Read the rest of this entry »

20 anos na Televisión de Galicia (Programa nº 661 na TVG)

20 anos de Preescolar na Casa na TVG

20 anos de Preescolar na Casa na TVG (Preescolar na Casa)

Podes ver o programa aquí. Neste ano que está a piques de rematar, este programa de televisión ven de cumprir 20 anos de emisión na Televisión de Galicia. Dende 1990, a Fundación Preescolar na Casa, conxuntamente coa Televisión de Galicia, realiza este programa que están vostedes a ver. Son xa máis de 650 programas que fan de Preescolar na Casa un dos programas educativos máis veteranos nas grellas televisivas de todo o mundo. Read the rest of this entry »

Falamos con Marta González, Secretaría Xeral de Igualdade da Xunta de Galicia: EDUCAR é COEDUCAR

Educar é coeducar (Preescolar na Casa)

Educar é coeducar (Preescolar na Casa)

Marta González éa Secretaria Xeral de Igualdade da Xunta de Galicia. Nestes momentos, a Fundación Preescolar na Casa está a colaborar coa Secretaría Xeral de Igualdade da Xunta de Galicia para difundir e traballar a igualdade de oportunidades entre ambos sexos. Falamos con ela sobre isto.

Que debemos entender por educar?

Educar non é soamente transmitir coñecementos, senón sobre todo transmitir valores. E entendendo por valores todas aquelas ferramentas e todas aquelas utilidades que as persoas, sexan home ou muller, neno ou nena, precisen para o seu futuro, ou para aspirar a desenvolver as súas capacidades. Basicamente creo que o obxectivo fundamental do ser humano é chegar a ser felices. Educar é moito máis que transmitir contidos en determinadas materias: é proporcionar ferramentas e sobre todo educar en valores para acadar persoas felices.

ás veces cando falamos de educar en valores, de coeducación, …, non caemos na conta de que é falar de sentimentos Read the rest of this entry »

Educar no mundo dixital (Programa nº 660 na TVG)

Educando no mundo dixital (Preescolar na Casa)

Educando no mundo dixital (Preescolar na Casa)

Podes ver o programa aquí. Na sociedade na que vivimos, a educación no mundo dixital semella algo imprescindible. ángeles Abelleira, mestra, estará hoxe connosco para abordar este tema, para falar sobre como introducir aos máis pequenos nas novas tecnoloxías Read the rest of this entry »

Egocentrismo e violencia de xénero na radio

O noso Espazo Educativo na Radio Galega aborda este domingo unha das características do pensamento infantil: o egocentrismo, que implica comportamentos e condutas nas que non se ten en conta ao outro. Nas primeiras idades non son capaces de entender como as súas actitudes afectan desfavorablemente aos demais malia que si saben cando as actitudes dos outros os prexudican. Read the rest of this entry »

Preescolar na Casa
En Revistas Educativas
Enquisas

Consideras que Preescolar na Casa é un programa necesario?

View Results

Loading ... Loading ...
Arquivos:
Translator
Galician flagItalian flagPortuguese flagEnglish flagGerman flagFrench flagSpanish flagCatalan flag