Esta semana na radio, Control de esfínteres e Habilidades sociais

O Espazo Educativo da Fundación Preescolar na Casa na Radio Galega aborda esta semana o control de esfínteres dende a pediatría. Falamos con José Luis Fernández Iglesias do proceso de maduración previo á retirada dos cueiros.  é un asunto que ocupa ás familias con nenas e nenos entre os dous e os tres anos. Tempo atrás, mesmo antes do nacemento, terían seguro conversas sobre o nome que ían poñerlle á nena ou ao neno. Pois ben, un estudo do Consello da Cultura Galega sinala que cada vez son máis as familias que escollen un nome especificamente galego para os seus fillos: Iria, Uxía, Xiana, Brais, Anxo, … Ana Boullón, membro da Asociación Galega de Onomástica, axúdannos a revisar a evolución dos nomes en galego.

Tamén reservamos un tempo para o teatro. Esta semana represéntase en Vigo, Coruña, Ourense e Redondela Os catro da Xunqueira, unha historia entre o rural e o urbano que busca un público de nenas, nenos, avoas e avós.

No Espazo Educativo de Radio Principal falamos de habilidades sociais coma compartir ou cooperar. A psicóloga Alicia Esperón explícanos como podemos contribuír a que nenas e nenos desenvolvan actitudes que favorezan a convivencia e o goce con outros nenos. Ademais, Marisol Fernández Rocha danos razóns e alternativas para que nenas e nenos fagan traballos coas mans.

Comments are closed.

Preescolar na Casa
En Revistas Educativas
Enquisas

Consideras que Preescolar na Casa é un programa necesario?

View Results

Loading ... Loading ...
Arquivos:
Translator
Galician flagItalian flagPortuguese flagEnglish flagGerman flagFrench flagSpanish flagCatalan flag