Informe Infancia en España 2010-2011

O estado actual da Infancia en España será o tema principal dos programas de radio neste fin de semana no que se celebra o Día Internacional do Neno e da Nena. No Espazo Educativo da Radio Galega conversamos este domingo con Gabriel González Bueno, responsable de Políticas de Infancia de Unicef. Unicef ven de publicar o informe Infancia en España: 2010-2011 que sinala que  un de cada catro nenos está en risco de pobreza. Profundamos no que significa esta cifra no día seguinte á celebración do Día dos Dereitos da Infancia. Tamén poñemos a ollada  nos anuncios de xoguetes que aumentan de cara ao Nadal. Seguen sendo os que reproducen máis estereotipos de xénero, e  esixen  unha interpretación crítica que as familias deben favorecer nas fillas e fillos. As propostas culturais e de ocio  céntranse desta volta no Culturgal que reserva un espazo para o publico mais novo O cuarto dos nenos.

Para os oíntes de Radio Principal Cadena Ser propoñemos unha reflexión sobre o concepto e o uso do diñeiro que queremos transmitirlles aos nenos. A intervención de Marisol Fernández  Rocha recolle unha aposta polo tempo  ao aire libre e en contacto coa natureza. No espazo de axenda adiantamos a presentación  en Monforte dun disco novo do grupo de música infantil Mama Cabra: Ola, ola, la.

Comments are closed.

Preescolar na Casa
En Revistas Educativas
Enquisas

Consideras que Preescolar na Casa é un programa necesario?

View Results

Loading ... Loading ...
Arquivos:
Translator
Galician flagItalian flagPortuguese flagEnglish flagGerman flagFrench flagSpanish flagCatalan flag