Relacións familiares (Programa nº 658 na TVG)

Podes ver o programa aquí. As relacións cos demais, e en especial cos que vivimos a cotío marcan a nosa personalidade. En especial, as relacións dentro da familia inflúen dun xeito ou doutro no desenvolvemento de nenos e nenas.

Abordamos este tema con Eva López, pedagoga, nun intento de coñecer e mellorar estas relacións. “Relacións familiares”.

AS COUSIñAS DE CADA DíA

A Ría de Ferrol é unha mestura de natureza e presenza humana chea de beleza e contrastes. A paisaxe está cargada de Historia, de vilas con encanto, de casiñas e fortificacións. Por esta ría de Ferrol, que semella unha espada cravada na costa, quixemos facer, nenos e adultos, unha viaxe chea de goce e de descubrimentos. Para varios pequenos e mesmo algún adulto é a primeira viaxe en barco. Todo vai amoblando o mundo dos recordos dos nenos: o ruído do motor, os olores mariños, o movemento do barco, as formas e as cores das paisaxes, as explicacións dos pais, a emoción da primeira travesía polo mar. “Unha viaxe pola ría de Ferrol”.

A AVENTURA DE CRECER

Poucas cousas hai tan fermosas coma unha nai cantando unha anaina á súa filla. Hoxe Iria faino para nós. “Durme, pequeniña durme”.

XOGAR E BRINCAR

As Nacións Unidas, na Declaración dos Dereitos do Neno proclamaba que o neno debe ter todas as posibilidades de entregarse ó xogo. Aí está a nosa función de pais e educadores, posibilitar escenarios de xogo e aprendizaxe. Hoxe imos facer uns bonecos axeitados para traballar moitas capacidades. Estes bonecos caseiros farán as delicias dos máis pequenos. A familia debe ter claro que os xoguetes inflúen na educación dos nenos. Esta proposta é válida cando tratamos o tema da afectividade, o da coeducación ou o de estilos educativos. Falamos de aproveitamento do cotiá. De xoguetes. De consumismo. De emocións. De hábitos de sono. de xogo simbólico. De fantasía. De capacidade. De imitación. De motricidade fina. “A boneca Teodora”.

LIñA DIRECTA

Beni Martínez é matrona do SERGAS. Hoxe estará connosco para argumentarnos a importancia de dar peito aos fillos e fillas. Como xustificaría a importancia da lactación materna?

CONTRAPORTADA

Toda nena, todo neno teñen dereito a ser neno, a ser nena. Agora. E dicímolo hoxe, 20 de novembro, o Día Mundial do Neno, o Día Mundial da Nena, O Día da Infancia.

PREESCOLAR NA CASA ESPAZOS EDUCATIVOS

PROGRAMA de TV Nº 658

TíTULO: Relacións familiares

DATA DE EMISIóN: 20 de novembro de 2010

2 Responses to “Relacións familiares (Programa nº 658 na TVG)”

Preescolar na Casa
En Revistas Educativas
Enquisas

Consideras que Preescolar na Casa é un programa necesario?

View Results

Loading ... Loading ...
Arquivos:
Translator
Galician flagItalian flagPortuguese flagEnglish flagGerman flagFrench flagSpanish flagCatalan flag