Educación e exclusión social

Estamos asistindo a moitos cambios na sociedade. Cada vez son máis as familias que provenientes doutras culturas, outros países, chegan ao noso, e por conseguinte, aos centros educativos.

Esta diversidade, que debería ser un factor de enriquecemento para todos/as, en ocasións convértese nun problema. Moitos destes alumnos presentan dificultades para seguir o seu proceso de aprendizaxe escolar, non sendo capaces de seguir o ritmo dos demais e así acabamos falando de absentismo e/ou fracaso escolar.

Analizar o que está pasando e o que se está a facer dende distintos ámbitos foi o que levou a Cáritas a organizar, dentro do seu programa formativo, un curso sobre Exclusión Educativa que tivo lugar os días 21 e 22 de marzo en San Lorenzo do Escorial (Madrid).

A Fundación Preescolar na Casa, que defendeu dende os seus inicios o dereito a unha educación para todos, sendo unha experiencia pioneira na loita contra a exclusión social a través da educación, foi invitada a participar neste encontro.

Somos conscientes da influencia que teñen os primeiros anos no éxito ou fracaso da vida escolar. Somos conscientes de que as condutas e actitudes dos pais, os valores que transmiten, as competencias emocionais e sociais, os estilos parentais,  teñen unha enorme influencia no futuro escolar dos nenos e das nenas. Por este motivo, aínda hoxe, seguimos acompañando ás familias veñan de onde veñan e sexan como sexan, a través dos Espazos das Familias.

Comments are closed.

Preescolar na Casa
En Revistas Educativas
Enquisas

Consideras que Preescolar na Casa é un programa necesario?

View Results

Loading ... Loading ...
Arquivos:
Translator
Galician flagItalian flagPortuguese flagEnglish flagGerman flagFrench flagSpanish flagCatalan flag