“Apoio educativo ás familias” con David Pernas (Compañía do Trinke Trinke), no Cefore de A Coruña

Relatorio de David Pernas

Relatorio de David Pernas

Durante o curso 2010/2011 as orientadoras da Zona Coruña Norte da Fundación Preescolar na Casa participan nun Grupo de Traballo a través do Cefore de A Coruña que leva como título “Apoio educativo ás familias”, co fin de afondar na preparación dos Espazos das Familias tentando mellorar non só os contidos dos mesmos senón tamén a metodoloxía empregada nesas sesións.

Para iso, o pasado venres día 24 de Marzo contaron coa presenza de David Pernas, compoñente da Compañía do Trinke Trinke, que nunha sesión fundamentalmente práctica amousoulles diversos aspectos a ter en conta á hora de contar contos.

Dende a Fundación Preescolar na Casa sabemos que os contos teñen un grande valor educativo por tódolos recursos que ofrecen, poñendo en valor os ámbitos de desenvolvemento dos nenos e nenas: o psicomotor, o afectivo, o cognitivo, o lingüístico…; ademais de axudar aos máis pequenos a coñecer o mundo que os rodea.

One Response to ““Apoio educativo ás familias” con David Pernas (Compañía do Trinke Trinke), no Cefore de A Coruña”

  • Pequeniño:

    Moi importante empregar os contos como recurso educativo. é unha boa maneira para achefarse aos máis pequenos.

Preescolar na Casa
En Revistas Educativas
Enquisas

Consideras que Preescolar na Casa é un programa necesario?

View Results

Loading ... Loading ...
Arquivos:
Translator
Galician flagItalian flagPortuguese flagEnglish flagGerman flagFrench flagSpanish flagCatalan flag