Archive for the ‘A Fundación nos medios’ Category

A situación de Preescolar na Casa en Cuadernos de Pedagogía

A prestixiosa revista educativa Cuadernos de Pedagogía faise eco no número deste mes (pica aquí para ver o artigo que Cuadernos de Pedagogía publica no número de xaneiro sobre Preescolar na Casa) da delicada situación pola que está a pasar a Fundación. Compartimos a reflexión desta revista sobre estes duros momentos que están a pasar os servizos educativos:

“La Generalitat de Catalunya aplaza indefinidamente el pago de 112 millones para las escuelas infantiles (“escoles bressol” en catalán, pero que no guarderías como las denominan muchos medios de comunicación). Este curso, además, la Administración autonómica pasó de pagar 1800 euros por curso y alumno a abonar 1600 euros, un 11% menos. Ello afecta a las arcas de los distintos municipios -estos centros los financian la Generalitat, los Ayuntamientos- y a las cuotas que tienen que pagar las familias. Estas han experimentado una subida de más de 50 euros y la Diputación de Barcelona ha comentado que las escuelas infantiles se podrían encarecer hasta un 40%. Los recortes también contribuyen a frenar las construcciones escolares previstas.
Por otro lado, la red de “escoles bressol” municipales de Barcelona está en peligro, pues el nuevo ayuntamiento mantiene que no es sostenible y se plantea privatizar su gestión. Un duro golpe a un modelo público de reconocida calidad educativa con el riesgo de que las escuelas infantiles se conviertan en guarderías -ahora sí-, en un mero servicio de parking. Otras iniciativas de atención a la infancia, de igual calidad educativa, están siendo sido desmanteladas, como es el caso de Preescolar na Casa en Galicia

Reportaxe sobre Preescolar na Casa

Un equipo da Fundación TIC estivo gravando a actividade da Fundación Preescolar na Casa, para unha reportaxe que se emitirá nas cadeas de televisión locais da provincia de Lugo o día 20 ás 21:00 h. e en diversos horarios nas distintas cadeas de radio ese mesmo día.

Preescolar na Casa na TVE

Un equipo da TVE en Galicia desprazouse hoxe ata a Fundación Preescolar na Casa para realizar unha reportaxe sobre o noso traballo. Esta reportaxe poderá verse no informativo das 14:00.

A Rede Europea de Loita contra a Pobreza e a Exclusión Social, con Preescolar na Casa

O coordinador de EAPN-Galicia (Delegación en Galicia da Rede Europea de Loita contra a Pobreza e a Exclusión Social), Santiago González Avión, di que “a posible desaparición do programa Preescolar na Casa por falta de apoio económico non é unha boa noticia para frear a reproducción xeneracional da pobreza nas provincias interiores, é mala (…) Preescolar na Casa é unha desas cousas que incidía nos territorios rurais, que teñen menos oportunidades”.

A Plataforma, integrada por entidades sin ánimo de lucro como Cáritas, Cruz Roja ou Feaps, advirte de que se están a producir grandes diferenzas sociais na infancia, e denuncia que a protección familiar é moi débil.  (Pica aquí para ver nova publicada). (Pica aquí para ver a nova que a completa).

Yo también fui niña Preescolar

Reproducimos un texto que saíu publicado no día de hoxe en El Progreso (podes velo picando aquí). De verdade, estas son as cousas que nos dan ánimos para continuar:

La cita era los jueves. Cada quince días, Luis llegaba al teleclub de Baltar y nos hacía felices durante unas dos horas. No es que el resto del tiempo no lo fuéramos, pero entre los recuerdos de niñez esos sobresalen por encima de muchos otros. Era la forma de jugar con otros niños en una parroquia sin problemas de comunicación -terrestre, porque de telefonía o de internet todavía los sigue teniendo hoy pese a estar en plena Chaira-, pero donde no había mucha oportunidad de compartir tiempo con otra gente menuda, al menos hasta que te escolarizaban. Como en la mayoría de las parroquias, las casas están más bien dispersas y las familias tenían demasiado en Read the rest of this entry »

Preescolar na Casa

Seguimos dando as grazas por tantas e tantas mostras de apoio ao noso traballo. Reproducimos aquí unha Editorial publicada en Galicia Dixital (pica aquí para vela).

Preescolar na casa foi unha invención dun cura lucense, Antonio Gandoy, ao que a cidade lle rendeu unha homenaxe póstuma colocando unha estatua na entrada á cidade no Polígono de Fingoi, por donde el entraba todos os días pedaleando. Para os lucenses foi sempre “o cura da bicicleta”. A súa estatua, obra do artista mindoniense Juan Puchades, reprodúceo levando da man a súa bicicleta.

Antonio Gandoy coñecía moi ben o rural galego, e sabía as dificultades dos nenos e de súas nais para a escolarización, imposible en centros para os nenos máis pequenos, e inventou este singular sistema que permite que os nenos reciban formación axeitada nos seus primeiros anos de vida, a través de súas nais, nas mesmas casas, con xuntanzas formativas e visitas aos domicilios de especialistas na materia.
Durante tres décadas funcionou o sistema con centos de nenos en feliz harmonía formativa, contabilizándose 4.000 educandos entre 0 e 3 anos tan só no pasado curso escolar.
Agora, “Preescolar na casa” ten problemas. Problemas derivados da crise económica xeneralizada que nos afecta, que non deben afectar á educación, e especialmente a esta parcela educativa tan sensible e tan rendible socialmente.
Cando a Unión Europea ten recomendado que se fomenten accións deste tipo para a formación dos máis novos, e no Reino Unido se emprende un programa similar para formación de pais para que saiban educar axeitadamente aos seus fillos, en Galicia temos problemas coa educación dos máis novos e Preescolar está en crise, únicamente derivada dos problemas económicos que xenera a rebaixa na financiación que correspondía á Xunta de Galicia.
Preescolar na casa ten acreditado ao longo de máis de trinta anos a excelencia do sistema e a necesidade que Galicia ten da súa acción benfeitora. E non merece ter problemas un sistema que ten aportado solución enxeñosa e brillante á problemática xeral da educación dos máis novos en Galicia.
Desexamos larga vida a “Preescolar na casa” na súa froitosa singladura na defensa do dereito máis básico dos nosos nenos. Agardamos que os seus problemas económicos se solucionen porque a Xunta teña en conta o traballo desenvolvido e a necesidade que temos de que siga cada vez con máis forza. Podemos ter que recortar nos máis diversos eidos nos que intervén a Administración, pero os nosos nenos son o futuro, e “Preescolar na casa” unha importante garantía de que ese futuro se ten en conta, se respecta e se impulsa.

Grazas por darnos a man

Grazas por darnos a man

Grazas por darnos a man

Estamos abrumados, e tamén encantados, polas incontables mostras de apoio que estamos a recibir diante da situación que estamos a vivir.

Dende todos os ámbitos sociais e educativos e de todo tipo chégannos estes ánimos.

Moitas familias, moitas persoas anónimas, moitas institucións están a mostrarnos publicamente o seu apoio e a súa gratitude polo noso traballo.

Sería ben difícil mostrar o noso agradecemento a todas as persoas e colectivos que nos están a apoiar. 

GRAZAS A TODOS E TODAS!


Aquí podedes asinar un “Manifesto de apoio a Preescolar na Casa”.

Ver artigo en prensa 1.

Ver artigo en prensa 2.

Ver artigo en prensa 3.

Si a Preescolar na Casa

Facémonos eco do aparecido en prensa este fin de semana en relación á situación pola que está a pasar a Fundación Preescolar na Casa. Agradecemos de novo as mostras de apoio recibidas, que chegan de todas partes e de todas as institucións e que nos fan sentir satisfeitos polo traballo que temos desenvolvido ata o de agora. Reproducimos aquí un texto publicado que mostra o sentir de moitos e moitas persoas, de moitas familias, de moitos traballadores e traballadoras:

Esta xenial intuición de Antonio Gandoy leva 35 anos a carón das familias cun modelo de intervención pioneiro, preventivo e vertebrador do territorio. Este referente da implicación das familias na educación dos fillos apostou polo que os países avanzados poñen en valor: a parentalidade positiva.

Recortes da Xunta fan inviable a continuidade de Preescolar na Casa, programa que responde ao noso modo de vivir, de falar e de ocupar o territorio, dando resposta ás necesidades do país.

Cómpre apoiar a acción educativa dun programa 100% galego que promove os dereitos da infancia, que apoia á familia, que traballa no período máis sensible, a infancia.

Os políticos son os nosos representantes. Invitámolos a que estean na rúa, que vexan os rostros dos nenos e que escoiten a voz das nais e pais:

“Todos os nenos e nenas galegos deberían ter a oportunidade de participar en PnC”

“Son espazos educativos útiles nos que compartir experiencias  e resolver dúbidas”

“Non deixedes de loitar por este espazo educativo moi necesario para pais e nais”

Preescolar na Casa, modelo eficaz, exportable e barato, non pode ter os días contados. Daquela, Galicia sería un pouco máis pobre, máis vella, e sen os risos dos nenos, sen o fume das casas nas aldeas, máis triste e solitaria.

Con seguridade os responsables da Xunta queren o mellor para a nosa terra. Invitámolos a apostar polas familias e os meniños, a sementar futuro garantindo a continuidade  de Preescolar na Casa.

Ver artigo en prensa 1.

Ver artigo en prensa 2.

Ver nova emitida.

Máis grazas

Dende este blog queremos dar as grazas por tódalas mostras de apoio recibidas neste últimos días.

Preescolar na Casa leva dende o ano 1977 traballando para que a sociedade responda axeitadamente ás necesidades da infancia, implementando espazos educativos centrados na orientación ás familias e desenvolvidos en colaboración con organismos públicos e privados.

A solidariedade de tantas e tantas persoas, de tantas e tantas familias, de tantas e tantas asociacións ante a difícil situación que estamos a vivir, reconfórtanos. Agradecemos o esforzo de tódalas persoas que, convidados polos pais e nais participantes nos diferentes Espazos Educativos e polos propios traballadores e traballadoras da Fundación, se concentraron nestes días esixindo a continuidade do servizo que prestamos.

Agradecemos tamén a todos aqueles concellos que nos están a chamar, así como a aquelas familias que de xeito individual se poñen en contacto connosco para reclamar este servizo que se viña desenvolvendo dende hai moitos anos. Confiamos na recuperación total do mesmo.

GRAZAS A TODOS E TODAS!!

Novas en prensa sobre Preescolar na Casa Outubro 2011

Sobre Preescolar na Casa

Reproducimos parte do artigo publicado en terra chá.xa no que se fala de Preescolar na Casa e da situación actual do programa:

“Nesta mesma columna, hai preto de tres anos, louvábanse os méritos que este programa educativo acreditaba, así como os beneficios que xerou ó longo de tres décadas para centos de familias no conxunto do País, especialmente nas zonas rurais (…) Unhas siglas que nos veñen a todos sendo lamentablemente familiares nos últimos tempos, tamén afectan ó persoal de Preescolar na Casa: E.R.E. (…) Non é necesario nestas liñas eloxiar as virtudes desta iniciativa. Trinta anos de traxectoria é aval suficiente. O seu recoñecemento na comunidade resulta obvio (…) Coa escusa de conter o gasto, estanse a reducir partidas orzamentarias que ata o de agora se consideraban de interese xeral. Mal estamos, sen dúbida, cando non somos capaces entre todos de manter un programa esencialmente galego, promovido por aquel peculiar crego da bicicleta, con recoñecementos incluso alén dos Pirineos e moi valorado nas nosas comunidades.”

Podes ler aquí o artigo de opinión completo: Opinión sobre Preescolar na Casa en Terra Chá… Xa!

Preescolar na Casa
En Revistas Educativas
Enquisas

Consideras que Preescolar na Casa é un programa necesario?

View Results

Loading ... Loading ...
Arquivos:
Translator
Galician flagItalian flagPortuguese flagEnglish flagGerman flagFrench flagSpanish flagCatalan flag