Si a Preescolar na Casa

Facémonos eco do aparecido en prensa este fin de semana en relación á situación pola que está a pasar a Fundación Preescolar na Casa. Agradecemos de novo as mostras de apoio recibidas, que chegan de todas partes e de todas as institucións e que nos fan sentir satisfeitos polo traballo que temos desenvolvido ata o de agora. Reproducimos aquí un texto publicado que mostra o sentir de moitos e moitas persoas, de moitas familias, de moitos traballadores e traballadoras:

Esta xenial intuición de Antonio Gandoy leva 35 anos a carón das familias cun modelo de intervención pioneiro, preventivo e vertebrador do territorio. Este referente da implicación das familias na educación dos fillos apostou polo que os países avanzados poñen en valor: a parentalidade positiva.

Recortes da Xunta fan inviable a continuidade de Preescolar na Casa, programa que responde ao noso modo de vivir, de falar e de ocupar o territorio, dando resposta ás necesidades do país.

Cómpre apoiar a acción educativa dun programa 100% galego que promove os dereitos da infancia, que apoia á familia, que traballa no período máis sensible, a infancia.

Os políticos son os nosos representantes. Invitámolos a que estean na rúa, que vexan os rostros dos nenos e que escoiten a voz das nais e pais:

“Todos os nenos e nenas galegos deberían ter a oportunidade de participar en PnC”

“Son espazos educativos útiles nos que compartir experiencias  e resolver dúbidas”

“Non deixedes de loitar por este espazo educativo moi necesario para pais e nais”

Preescolar na Casa, modelo eficaz, exportable e barato, non pode ter os días contados. Daquela, Galicia sería un pouco máis pobre, máis vella, e sen os risos dos nenos, sen o fume das casas nas aldeas, máis triste e solitaria.

Con seguridade os responsables da Xunta queren o mellor para a nosa terra. Invitámolos a apostar polas familias e os meniños, a sementar futuro garantindo a continuidade  de Preescolar na Casa.

Ver artigo en prensa 1.

Ver artigo en prensa 2.

Ver nova emitida.

Comments are closed.

Preescolar na Casa
En Revistas Educativas
Enquisas

Consideras que Preescolar na Casa é un programa necesario?

View Results

Loading ... Loading ...
Arquivos:
Translator
Galician flagItalian flagPortuguese flagEnglish flagGerman flagFrench flagSpanish flagCatalan flag