Poboación desfavorecida (Programa nº 659 na TVG)

Podes ver o programa aquí. A sociedade debe ser especialmente sensible coa poboación máis desfavorecida. Porque a igualdade de oportunidades ten que ser un obxectivo principal dunha sociedade xusta . José Manuel Pérez Folgueira é mestre e traballador da Asociación de Promoción e Integración Xitana de Lugo. Estará hoxe connosco da educación e da escolarización dos nenos xitanos. Porque a educación compete a toda a sociedade e é un dereito que todos temos como cidadáns. Falaremos de “Escolaridade da poboación marxinal”.

AS COUSIñAS DE CADA DíA

As prazas nas cidades son lugares de encontro, de conversas e de convivencia. Comercios, igrexas, edificios públicos e casas enmarcan estes lugares anchos e espazosos que atraen a xente. Son o salón da cidade. A praza é de todos e pertence a todos. Tamén ós máis pequenos. Alí, nenos e nenas poden estar cos seus iguais. O neno é un cidadán. A nena está aí, ten dereito ó presente. Están a vivir os seus anos máis importantes. Os primeiros anos son os máis relevantes na súa epopea humana. Cando o neno está na praza, a carón dos seus iguais, está a exercer o seu dereito á autonomía, algo que lles estamos a roubar. “A praza é nosa”.

A AVENTURA DE CRECER

Aquí estou, con tres meses cumpridos e rodeado de quentura e cariño. Sabedes que? Pois que xa son capaz de mover a cabeciña a un lado e a outro, e ata podo erguela un chisquiño. E así, estou comezando a coñecer o mundo. “Xa movo a cabeza”.

XOGAR E BRINCAR

A Granxa Maruxa é un proxecto ecoloxista onde collen vacas, exposicións de fotos, ambientes decorados con gusto, música de Mozart e visitas. Así que paga a pena que nenas e nenos, cos pais, se acheguen a Cumbraos, en Monterroso onde as vacas teñen nome propio e onde o leite sabe a leite. Con leite da granxa fanse Maruxas de nata, unhas das poucas galletas de calidade e que se elaboran en Galicia. Só falta poñer o gorro de cociñeiros, lavar moi ben as mans e poñelas na masa. Porque estas galletas de fariña, azucre e nata teñen o valor engadido do cariño e do traballo coas mans. Nenas e nenos ven, tocan, amasan, escoitan, olen e senten. Nenas e nenos poñen na mesa e no forno os cinco sentidos. “Maruxas de nata, o sabor máis doce”.

LIñA DIRECTA

Rosa Mª Rivas é profesora de Intervención e Trastornos do Desenvolvemento da Universidade de Santiago de Compostela, e está hoxe connosco para dar resposta á seguinte cuestión: O fillo non reproduce o “R”, que podemos facer?

CONTRAPORTADA

Unha tarefa pendente da educación e da sociedade en xeral é a coeducación. Coeducar é educar a homes e mulleres sen mirar o seu sexo: un traballo indispensable. “Coeducar, tarefa pendente”.

PREESCOLAR NA CASA ESPAZOS EDUCATIVOS

PROGRAMA de TV Nº 659

TíTULO: Escolaridade da poboación marxinal

DATA DE EMISIóN: 27 de novembro de 2010

Comments are closed.

Preescolar na Casa
En Revistas Educativas
Enquisas

Consideras que Preescolar na Casa é un programa necesario?

View Results

Loading ... Loading ...
Arquivos:
Translator
Galician flagItalian flagPortuguese flagEnglish flagGerman flagFrench flagSpanish flagCatalan flag