S.O.S. Preescolar na Casa

PREESCOLAR NA CASA nace da idea, iniciativa e vital compromiso de “Don Antonio”, “O cura da bicicleta”, persoa querida que ocupou a súa vida nos

Preescolar na Casa A aventura de crecer, o desafío de educar

Preescolar na Casa A aventura de crecer, o desafío de educar

necesitados e na formación de “nenos e nenas da aldea”.

PREESCOLAR NA CASA nace da sensibilidade en valores enfiados cara comportamentos tolerantes. O seu obxectivo principal é a nenez e a xuventude. Comeza a súa andaina no rural (de Lugo), en raíces que comen desta terra bondadosa e da cultura onde ten presenza o valor da palabra, a honradez, o traballo e o nome dunha familia como referente de moitas cousas. Trátase de traballar polos pobres e os nenos, na idea de que cultura e educación traen liberdade ás persoas e progreso para os pobos, aplicando a metodoloxía de que o futuro pasa por “ensinar a pescar”, máis que “dar peixe”, e no convencemento de que os nenos constitúen a gran esperanza de futuro, mediante a utilización da formación e o ensino en valores.

Entre eses valores están a familia e o necesario respecto ao entorno e á cultura propia, o que resultaba máis acaído e coherente naquel rural en tempos distintos dos actuais (medios de transporte escasos e comunicacións pouco fluídas).

En PREESCOLAR NA CASA a nai e o pai son os mellores cómplices para a educación integral en valores do neno; o interese está  garantido porque os pais queren o mellor futuro para os fillos e non haberá regateo nin merma na dedicación que resulte precisa. Todo pai sabe do seu compromiso cos fillos e quere facelo ben,   pero hai  ocasións nas que calquera pai e nai dubidan sobre o qué facer ou o  qué dicir, de maneira que senten  desacougo e inseguridade, que se transmite na relación cos fillos. Por iso se constatou e constata  que o ámbito familiar necesita espazos onde compartir a crianza, dúbidas, temores e novidades relacionadas co desenvolvemento dos fillos que lles axuden a concretar modelos e pautas educativas; con independencia de que os nenos poidan contar xa coa súa escolaridade, os pais precisan deses espazos educativos, que tamén apoian que as familias asuman a súas funcións educativas e colaboren coa escola para favorecer o desenvolvemento persoal e académico dos nenos e nenas, previndo comportamentos sociais indesexados así como o fracaso escolar.

Estes espazos educativos veñen sendo aportados dun xeito xenial por PREESCOLAR NA CASA,  fomentando a implicación de pais e nais no papel educador que deben manter de maneira que non se incremente o risco da delegación. Respondendo á necesidade de apoiar á infancia e á familia,  PREESCOLAR NA CASA ten favorecido que os pais se xunten entre si,  tamén cos seus nenos, neses espazos educativos dando ocasión á  relación entre persoas, tanto en cidades como en vilas como, sobre de todo, no rural. ¿Qué ocasións quedan de reunirse se falla PREESCOLAR NA CASA?

Hai moitos anos que PREESCOLAR NA CASA non está para  suplir falla de escola; hai moitos anos en que o labor de PREESCOLAR NA CASA ven difundindo unha cultura da infancia e reforzando a competencia educativa familiar  cos espazos educativos nos que os seus profesionais acompañan á familia na aventura de crecer e no desafío de educar.

En PREESCOLAR NA CASA viven a intuición e a pedagoxía. A súa calidade está contrastada coa validación pola sociedade e os poderes públicos. Os sucesivos gobernos de Galicia, deputacións,  concellos, Administración central, institucións doutros países deron a súa confianza en apoios de diversa índole, entre eles de tipo económico. E todo iso fíxoo alguén, cunha soa militancia, o sinxelo, que viña dunha aldea e nos fixo ver que os nenos poden ser o mellor activo na procura dun futuro mellor, a través da formación.

PREESCOLAR NA CASA que nace en Cáritas, vai medrando e adquire complexidade administrativa, económica, contable e de persoal, sen problemas significativos. é o fundador quen renuncia a ser o referente e propicia un Padroado, o que non é frecuente.

Os Estatutos plasman o espírito do Programa. Integran o Padroado persoas con distintas formas de ser e pensar, no común vínculo do compromiso cos contidos que Preescolar representa.

E como resultado: a cousa camiñou, e vaia se camiñou. A Fundación veu funcionando en normalidade, como algo dinámico que se adaptou aos cambios da sociedade e dispensou servizos, ano tras ano, en beneficio de máis de 4.000 familias no curso 2010-2011.

A obra de Don Antonio segue viva. Os membros do Padroado temos un compromiso vital para que a cousa non morra, “namentres no Pobo medre un neniño e un cantar”. Somos moitos os que contribuímos coa retribución de sentirnos persoas, máis realizados, máis sociedade, devolvendo á sociedade o que fixo demais por nós.

E, ASí ESTABAN AS COUSAS, PORQUE XA NON ESTAN.

Unha boa parte  do financiamento retiróuselle e o que queda  é insuficiente e, ademais, por razón da crise económica mesmo existe a ameaza de desaparecer.

AGROMA A NEGRA SOMBRA PARA NENAS E NENOS DAS 4.000 FAMILIAS BENEFICIARIAS, A PANTASMA DO PECHE DO PROGRAMA.

Xa se tramitaron EREs; primeiro de suspensión de contratos, logo de extinción de parte dos contratos, con reconfiguracións funcionais e redistribución de servizos e persoas por comarcas.

De non haber recursos, temos que dicir, alto e claro: SOS, PREESCOLAR NA CASA MORRE.

E, eu digo:

- ¿Para onde camiña esta sociedade?.

Alguén, galego, pode dicir:

- ¿ A ti que che parece ?.

Todos deberíamos respostar:

- A mellor inversión está na formación en valores dos nenos e nenas; estean ou non  escolarizados a familia ten que acompañar sempre e a familia  precisa ser acompañada neste complexo mundo que nos toca vivir. Pais e nenos compartindo tempos, espazos: aprendendo xuntos. Os nenos non agardan e mañá sempre será tarde.

Quen integramos o Padroado de PREESCOLAR NA CASA, ningunha satisfacción temos nos momentos actuais, de agonía dun Proxecto que ninguén puido matar e que pode morrer de insuficiencia financeira.

Nada pedimos para nós:

- SUPLICAMOS á SOCIEDADE CIVIL AXUDA PARA PREESCOLAR NA CASA.

- SUPLICAMOS QUE NON MORRA QUEN ESTá A POSIBILITAR A IGUALDADE ENTRE AS PERSOAS.

- SUPLICAMOS QUE A FORMACIóN SIGA A SER A MELLOR FERRAMENTA DE LIBERDADE.

- SUPLICAMOS PARA QUE OS VALORES SIGAN A TER VIDA ENTRE NóS EN FORMA DE COHESIóN SOCIAL.

(Padroado da Fundación Preescolar na Casa)

Comments are closed.

Preescolar na Casa
En Revistas Educativas
Enquisas

Consideras que Preescolar na Casa é un programa necesario?

View Results

Loading ... Loading ...
Arquivos:
Translator
Galician flagItalian flagPortuguese flagEnglish flagGerman flagFrench flagSpanish flagCatalan flag