Este sábado 10 de marzo, seguen as Xornadas Educando na Infancia e na Adolescencia

Este sábado, 10 de marzo, no Salón de Actos da Facultade de Formación do Profesorado de Lugo, terá lugar a segunda xornada de “Repensando a educación entre os 6 e 12 anos”, continuación da do sábado anterior. Este ciclo de debate e reflexións, “Educando na infancia e na adolescencia”, iniciouse o curso pasado coas xornadas “Unha mirada a primeira infancia”, centradas no período 0-6.
Trátase de analizar e debater sobre a educación nos anos da primaria, para concretar luces e sombras… retos que as novas realidades presentan, para coñecer e afondar en alternativas e propostas que xa se están realizando. Tentaremos facer unha análise que nos permita situar as necesidades das nenas e nenos xunto co modelo de persoa que queremos educar e a realidade social e educativa actual: como se da resposta na familia e na escola e cales son os aspectos que son imprescindibles repensar. E, por suposto, coñecer boas prácticas que se están desenvolvendo ao respecto.
Educando na infancia e na adolescencia terá continuidade no 2013, centrándose na educación na adolescencia.
O programa do sábado será o seguinte:
10.00h: Conferencia: Educación en valores a través da inclusión. Gonzalo Martínez, Psicólogo e
Orientador escolar, Colegio Claret-Segovia.
11.15h: Descanso.
11.45h: Panel de experiencias: Practicando os valores.
- Os valores fronte as diferentes capacidades. CEIP Das Mercedes-Lugo.
- Os valores fronte as diferenzas culturais. José Antonio Martínez González e María Luisa Barros Fernández. Director e Xefa de estudos, CEIP Valle-Inclán, Oleiros-A Coruña.
16.00h: Conferencia: A educación como proxecto compartido. Carmen Morán, Profesora na Universidade de Santiago de Compostela. Facultade de Ciencias da Educación. Departamento de Educación, Historia da Educación e Pedagoxía Social.
17.00h: Descanso
17.15h: Panel de experiencias: Practicando a educación en común.
- Comunidade de aprendizaxe. Mª Teresa Kaltzakorta. Directora Escuela /Eskola Pública
Zaldupe-Ondarroa (Bizkaia)
- A familia e o departamento de orientación. Sabela Rodríguez, CPI da Picota, Mazaricos.
A Coruña.
19.30h: Conclusións.
20.00h: Remate da xornada.

Estas xornadas son organizadas pola Fundación SM, Fundación Preescolar na Casa e a Facultade de Formación de Profesorado de Lugo-Universidade de Santiago de Compostela.

Comments are closed.

Preescolar na Casa
En Revistas Educativas
Enquisas

Consideras que Preescolar na Casa é un programa necesario?

View Results

Loading ... Loading ...
Arquivos:
Translator
Galician flagItalian flagPortuguese flagEnglish flagGerman flagFrench flagSpanish flagCatalan flag