Plurilingüísmo (Programa nº 699 na TVG)


Hoxe temos no programa a Xabier San Isidro, Director do Centro de Investigación Lingüística (CIL)-Lekaroz. Xabier é un experto lingüista que falará hoxe do plurilingüísmo, e da adquisición do inglés en infantil. A aprendizaxe de linguas estranxeiras debe comezar cedo e dun xeito natural. A escola e a familia teñen moito que dicir para que esta aprendizaxe sexa levada a cabo con éxito. Plurilingüísmo.

AS COUSIñAS DE CADA DíA
Nenas e nenos aprende cada día. E a comer tamén se aprende. Pais e nais ensínanlles aos fillos a comer presentando sabores novos, alimentos diferentes. Hoxe traemos á pantalla un Espazo das Familias de Preescolar na Casa onde nais, pais e orientadora tiveron un interesante diálogo en torno á alimentación infantil. Bos hábitos á hora de comer.

A AVENTURA DE CRECER
As principais fontes de estimulación para os bebés nos primeiros meses de vida son os pais. Os xogos que imos amosar hoxe son abondo coñecidos. Podemos xogar en calquera sitio e en calquera momento. Sempre dicimos que a vida cotiá é a mellor escola de aprendizaxes e capacidades para os máis pequenos. Pequenas estimulacións.

XOGAR E BRINCAR
Hai que xogar co corpo, volver aos inicios do xogo e gozar. Nenas e nenos cada vez teñen menos oportunidades para xogar co corpo. As súas aprendizaxes teñen uns cimentos que están no propio corpo. Desta volta traemos o mellor xoguete, o propio corpo do neno e o corpo dos pais. Precisamos un pouco de imaxinación e moitas ganas de xogar. Ah, e tempo para estar cos fillos. Corpos para xogar.

LIñA DIRECTA
A educación emocional é un tema que está bastante esquecido na educación. Por iso, ánxela Torres, psiquiatra e profesora da USC da resposta á pregunta que lle fixo unha nai : Como debemos educar as emocións dende a familia?

CONTRAPORTADA
O vindeiro 21 de marzo celebraremos o Día Mundial contra o Racismo e a Xenofobia. Queremos reivindicar os dereitos fundamentais das persoas, dos nenos, das nenas. Todos somos diferentes pero todos somos persoas. Todos contra o racismo.

PREESCOLAR NA CASA ESPAZOS EDUCATIVOS
PROGRAMA de TV Nº 699
TíTULO: Plurilingüismo
DATA DE EMISIóN: 17 de marzo de 2012

Comments are closed.

Preescolar na Casa
En Revistas Educativas
Enquisas

Consideras que Preescolar na Casa é un programa necesario?

View Results

Loading ... Loading ...
Arquivos:
Translator
Galician flagItalian flagPortuguese flagEnglish flagGerman flagFrench flagSpanish flagCatalan flag