Preescolar na Casa nas Xornadas en torno á custodia compartida

A Asociación Socio-Pedagóxica Galega e a Asociación Galega de Pais e Nais Separados organizan para os vindeiros 22 e 29 de Outubro, na Escola Universitaria de Maxisterio de Lugo, as XORNADAS EN TORNO á CUSTODIA COMPARTIDA , ENFOQUE MULTIDISCIPLINAR.

O incremento das rupturas familiares e a nova realidade que isto provoca nos nenos e nenas é o tema central destas xornadas nas que, desde un enfoque centrado nas necesidades dos nenos e nenas, se analizará a oportunidade da custodia compartida. Nestes momentos estase a asistir a unha modificación da Lei de Dereito Civil de Galicia que, en materia de familia, podería incluír a figura da “custodia compartida” outras veces denominada coparentalidade ou corresponsabilidade parental como modelo preferente. Dado o alcance e relevancia social desta realidade, considérase necesario constituír un espazo de encontro no que se aborde, dende unha perspectiva plural e multidisciplinar (científica, social, xurídica, etc.), por persoas expertas que porán en común as súas ideas e experiencias, o tema da “custodia compartida”. á súa vez, as exposicións teórico-prácticas combinaranse coa realización de diversas actividades de contido práctico, como a simulación dunha mediación escolar, intrafamiliar ou dun proceso de familia.

Preescolar na Casa está invitada a participar na Mesa redonda A familia e a escola na educación do neno e da nena, que terá lugar o sábado 22 ás 9.30h.

Comments are closed.

Preescolar na Casa
En Revistas Educativas
Enquisas

Consideras que Preescolar na Casa é un programa necesario?

View Results

Loading ... Loading ...
Arquivos:
Translator
Galician flagItalian flagPortuguese flagEnglish flagGerman flagFrench flagSpanish flagCatalan flag