Liñas do goberno británico en temas de formación familiar, avalan a Preescolar na Casa

Segundo publica La Voz de Galicia, o goberno británico ofrecerá cursos gratuítos ás familias para ensinarlles cómo criar mellor aos seus fillos. Medida que inscriben como parte dos esforzos do Goberno para construír «unha sociedade máis responsable» e baseándose en que “a experiencia desde o nacimento ata os cinco anos é o factor que más inflúe en cómo os nenos se desenvolverán na vida”. Por iso, pretenten chegar a 50.000 familias con nenos de 0 a 5 anos, de calquera clase social.

Esta acción do goberno británico ven corroborar a importancia da acción que a Fundación Preescolar na Casa ven desenvolvendo desde 1977 e que ultimamente se veu avalada pola Recomendación Rec (2006)19 do Comité de Ministros da Comisión Europea aos estados membros para promover o exercicio positivo da parentalidade.

Atopámonos así con accións que van en liña contraria aos recortes que ven experimentando a Fundación e que poñen en serio perigo a continuidade destas accións. Esta experiencia pioneira, 100% galega e altamente refrendada pola satisfacción das familias e dos profesionais colaboradores, necesaria a todas luces para promover a implicación das familias na educación e favorecer o desenvolvemento dos nenos e nenas, lonxe de ser aproveitada e impulsada vese avocada á desaparición.

One Response to “Liñas do goberno británico en temas de formación familiar, avalan a Preescolar na Casa”

  • Celia:

    Que pena!! tantos anos de PnC investidos na formación das familias, anticipándose a políticas, a leis educativas, a recomendacións europeas,.. En fin, tantos anos de traballo e de romperse a cabeza interprentando as demandas sociais no eido da educación, van quedar no esquecemento cando noutros lugares, noutros paises, cidades, universidades, concellos, escolas,… están apostando por medidas deste tipo. A realidade é innegable: precísanse tempos e espazos para aprender a educar.
    Que listos os británicos, os galegos coma sempre,… sen saber ver as potencialidades que temos no país. Para algo que facemos antes que ninguén, deixámolo morrer. Así nos vai,…e nos irá,…

Preescolar na Casa
En Revistas Educativas
Enquisas

Consideras que Preescolar na Casa é un programa necesario?

View Results

Loading ... Loading ...
Arquivos:
Translator
Galician flagItalian flagPortuguese flagEnglish flagGerman flagFrench flagSpanish flagCatalan flag