Deporte e Igualdade II (Programa nº 654 na TVG)

Podes ver o programa aquí. Acadar a igualdade real de homes e mulleres é un proceso lento que abrangue tódolos ámbitos, incluido o deportivo. Pero esta igualdade ten que ser educada dende as primeiras idades. Volven a estar connosco Marián Fernández Villarino e Cristina López Villar. Elas son profesoras de Educación Física nas Universidades de Vigo e A Coruña e tamén das autoras dun estudio publicado titulado “A situación físico-deportiva das mulleres de Galicia”.  Seguimos a falar de “Deporte e Igualdade”.

AS COUSIñAS DE CADA DíA

Ler é bo. Ler moito e sempre. Cada día. Ler desde o principio. Porque a lectura é un estímulo para a creatividade, a imaxinación, a intelixencia, a capacidade verbal e de concentración dos nenos. Os libros, os contos teñen que estar presentes no día a día dos máis pequenos, do mesmo xeito que os xoguetes. Son unha fonte inesgotable que lles enriquece e leva a bucear en aventuras, historias  e riquísima información. Un libro é unha porta aberta á formación, a información ó entreteñemento. Nenos e nenas deben ter claro que ler é un acto moi importante  que os coloca no mellor escenario da aventura do saber, do coñecer, do descubrir. “Libros, amigos para sempre”.

A AVENTURA DE CRECER

A masaxe apórtalle ó bebé unha morea de beneficios, que comezan no contacto físico e na expresión de afecto. Dar unha masaxe é a excusa perfecta para acariñar ó noso bebé. E iso será o que fagamos hoxe. Unha masaxe á que moitos nenos son reacios. Imos masaxear a cara do bebé. Na cara acumúlase unha boa dose de tensión debido á lactancia, a saída dos dentes, ós choros e á dinámica da vida diaria. “Masaxe facial”.

XOGAR E BRINCAR

A cociña é o mellor dos laboratorios para explorar os máis pequenos. Alí, preparando a comida, nenos e nenas poden coñecer as propiedades dos obxectos e as leis da natureza. Hoxe metémonos na cociña con eles. “Cociñando pizza”.

LIñA DIRECTA

Rosa Mª Rivas é profesora de Intervención e Trastornos do Desenvolvemento da Universidade de Santiago de Compostela, e está hoxe connosco para dar resposta á seguinte cuestión: Que cousas poden facer os pais que inflúen na aprendizaxe de nenos e nenas?

CONTRAPORTADA

Hoxe, 16 de outubro, é o Día Mundial da Alimentación, e ten o seguinte lema: Unidos contra a fame. Concienciar do problema que afecta ao mundo en relación coa alimentación e fortalecer a solidariedade na loita contra a fame son obxectivos ineludibles.

PROGRAMA Nº 654. Deporte e Igualdade II

DATA DE EMISIóN: 16 de outubro de 2010

Comments are closed.

Preescolar na Casa
En Revistas Educativas
Enquisas

Consideras que Preescolar na Casa é un programa necesario?

View Results

Loading ... Loading ...
Arquivos:
Translator
Galician flagItalian flagPortuguese flagEnglish flagGerman flagFrench flagSpanish flagCatalan flag