Continúan as I Xornadas Educando na Infancia e na Adolescencia

I Xornadas Educando na Infancia e na Adolescencia (Preescolar na Casa)

I Xornadas Educando na Infancia e na Adolescencia (Preescolar na Casa)

Este sábado 26 de marzo continúan no Salón de Actos da Escola de Maxisterio de Lugo as I Xornadas “Unha mirada á primeira infancia”, continuación da celebrada o pasado 12 de marzo. “Educando na Infancia e na adolescencia”, unha premisa que a Fundación Preescolar na Casa, a Fundación Santa María e a Escola de Maxisterio de Lugo queren levar a cabo para acadar unha sociedade xusta e solidaria. E para isto, a educación ten que ser o camiño. Os obxectivos desta xornada serán analizar as necesidades da infancia, reflexionar sobre a imaxe da mesma, afondar nas respostas ás necesidades globais da infancia 0-6 e de colectivos específicos e sensibilizar cara á necesaria colaboración dos diferentes axentes relacionados coa infancia.

“Unha mirada á primeira infancia” quere ser un foro para reflexionar sobre a infancia; un tempo e un espazo para analizar a realidade, para situar as necesidades dos nenos e das nenas. A través da presentación de diversas experiencias poderemos visualizar un modelo de intervención educativa acorde coas necesidades actuais, analizando a resposta que se dan a esas necesidades, a nivel global (políticas de infancia) e a nivel particular (na familia, na escola,…).

“Unha mirada á primeira infancia” quere ofrecer enfoques globais e amplos, que axuden a comprender mellor a realidade,  e que proporcionen un marco do que partir.

“Unha mirada á primeira infancia” quere ofrecer enfoques concretos, necesarios para intervir en realidades específicas e particulares (familia, escola, comunidade, diversidade,…). Tamén que permitan comprender e articular respostas baseadas na colaboración.

Educando na infancia e na adolescencia terá continuidade en vindeiras convocatorias, centrándose na educación da infancia 6-12 anos e na adolescencia.

Así, o programa para este sábado, 26 de marzo de 2011,  na Escola de Maxisterio de Lugo, será o seguinte:

10.00h: Conferencia: Cidadanía diversa: contar con todos e todas, Marta Sandoval, Dra. en Psicoloxía, Profesora de Atención á Diversidade da Universidade Autónoma de Madrid.

11.30h: Descanso

12.00: Mesa redonda: Actuacións para a inclusión.

- Educación e inmigración. VIRGINIA CAGIGAL, Dra. en Psicoloxía, coordinadora da área de

Atención a Familias e da área Psicopedagóxica da Universidade P. Comillas de Madrid.

- Educación e novas tipoloxías familiares: MARTA SANDOVAL, Dra. en Psicoloxía, Profesora

de Atención á Diversidade da Universidade Autónoma de Madrid.

- Educación e necesidades educativas especiais:

Carmen Saavedra e Daniela Rocha Pato, nai e mestra, Escola de Educación Infantil Cividán, Mera.

16.00: Conferencia: unha responsabilidade compartida.

Virginia Cagigal, Dra. en Psicoloxía, coordinadora da área de Atención a Familias e da área Psicopedagóxica da Universidade P. Comillas de Madrid.

17.30h: Descanso

18.00h: Mesa redonda: Experiencias de actuación conxunta

- Desde o ámbito de apoio á familia: Fundación Preescolar na Casa

- Desde o ámbito da escola: Escola de Educación Infantil As Galeras. Oleiros.

- Desde o ámbito da comunidade: Estudio de arquitectura Naos. A Coruña.

20.00h: Remate da xornada.

Comments are closed.

Preescolar na Casa
En Revistas Educativas
Enquisas

Consideras que Preescolar na Casa é un programa necesario?

View Results

Loading ... Loading ...
Arquivos:
Translator
Galician flagItalian flagPortuguese flagEnglish flagGerman flagFrench flagSpanish flagCatalan flag