Consumo coidado (Programa nº 674 na TVG)

Podes ver o programa aquí. Formamos parte dunha sociedade na que o consumo está presente no día a día das persoas, polo que é moi importante pararnos a pensar no modelo de consumo que ofrecemos aos nosos fillos e fillas. Falaremos de comercio xusto, de solidariedade, de ecoloxía e de educación. Estará connosco Clara Raposo, socia de “A Cova da Terra”, para falar de todo isto. “Consumo coidado”.

AS COUSIñAS DE CADA DíA

O bebé acaba de chegar. E non para de medrar. Basicamente, come e durme. E está ben así. Esa é a súa actividade. Pero para medrar san hai outro aspecto moi importante: a hixiene. A Organización Mundial da Saúde define á saúde como unha situación de benestar físico, mental e social e a ausencia de enfermidade. E para todo isto é necesaria a hixiene. O bebé que se sinte seguro e querido, centro dos nosos coidados e da nosa atención nas cousas cotiás, crecerá san, a forma mellor para que no futuro sexa unha persoa equilibrada e feliz. A hixiene é moi importante. Igual de importante que comer ou durmir. “A hixiene do bebé”.

A AVENTURA DE CRECER

Carla é unha nena á que lle encantan os contos. E sábeos contar moi ben. E hoxe cóntanos un, a bonita historia do rato e o do león. “O rato e o león”.

XOGAR E BRINCAR

A Academia Estadounidense de Pediatría vén de recomendar xogos libres e espontáneos para os nenos e nenas que fomenten a creatividade e a independencia. Moitas nais e pais saturan os horarios dos fillos con programas de actividades diversas nun intento por conducilos á excelencia escolar. Isto comeza a miúdo nas primeiras etapas da infancia, con nenos con axendas diarias como as dun conselleiro. Así, o xogo libre e espontáneo, vai quedando esquecido na voráxine diaria de actividades. Temos que pasar o tempo perseguindo pompas de xabón cos fillos. Facendo torres cos cartóns do leite,  ringleiras de pinzas de cores ou facernos cóxegas mutuamente no chan. “Demasiadas actividades”.

LIñA DIRECTA

Patricia Vázquez del Río é xinecóloga, e hoxe da resposta á seguinte cuestión: Cal debe ser o papel da parella durante o embarazo?

CONTRAPORTADA

Acabamos de entrar na estación da vida e das cores. Chegou a primavera, e para celebralo poñemos imaxes a unha fermosa cantiga de Suso Vaamonde, “O cuco”. “Chegou a primavera!”.

PREESCOLAR NA CASA ESPAZOS EDUCATIVOS

PROGRAMA de TV Nº 674

TíTULO: Consumo coidado

DATA DE EMISIóN: 26 de marzo de 2011

Comments are closed.

Preescolar na Casa
En Revistas Educativas
Enquisas

Consideras que Preescolar na Casa é un programa necesario?

View Results

Loading ... Loading ...
Arquivos:
Translator
Galician flagItalian flagPortuguese flagEnglish flagGerman flagFrench flagSpanish flagCatalan flag