Xoguetes para os nenos da prisión deTeixeiro en colaboración con Preescolar na Casa

Dende a Subdirección de Tratamento da Prisión de Teixeiro, a través da orientadora da Fundación Preescolar na Casa que traballa nese centro, solicitouse colaboración para recollida de  xoguetes para regalar no Nadal aos nenos que están na prisión. Esta iniciativa levada a cabo tamén o ano anterior, tivo moi boa resposta das familias participantes en Preescolar na Casa, dos concellos de Xermade, Guitiriz, Baamonde e Begonte, doando uns xoguetes que significan compartir e dar ilusión, emoción e entretemento, a uns nenos e familias que dadas as circunstancias nas que viven,  non teñen liberdade nin a posibilidade para poder mercar. Recibir uns agasallos por estas datas, onde ten especial significado o compartir, o entrañable sentir familiar, e ver nos ollos dos nenos o amor e a ilusión de poder recibir un agasallo e podelo disfrutar coas súas nais e con tódolos nenos cos que conviven día a día, é moi gratificante para todos.

A resposta foi moi boa, xa que as familias que participan nos Espazos das Familias  mostráronse moi solidarias e receptivas a esta petición, e os nenos agasallados estaban moi contentos polos regalos, o mesmo que as súas nais.

Dende a Fundación Preescolar na Casa e en nome da orientadora que leva a cabo os Espazos das Familias na prisión de Teixeiro, manifestamos o noso agradecemento a todos pola boa acollida e a espléndida solidariedade mostrada.

Comments are closed.

Preescolar na Casa
En Revistas Educativas
Enquisas

Consideras que Preescolar na Casa é un programa necesario?

View Results

Loading ... Loading ...
Arquivos:
Translator
Galician flagItalian flagPortuguese flagEnglish flagGerman flagFrench flagSpanish flagCatalan flag