Author Archive

Preescolar na Casa na Praia da Madalena de Vilalba

Os nenos, nenas, pais e nais que participan  nos Espazos das Familias de Preescolar na Casa do Concello de Vilalba, organizan  o mércores 22 de Xuño,  un día de encontro para todos e todas na Praia Fluvial da Madalena, en Vilalba.

Haberá actividades pensadas para que compartan nenos, nenas e adultos, organizadas por rincóns. Os rincóns da auga, da pesca, das pompas, da música, da masa, dos contos, da area, da psicomotricidade, dos bebés,…, farán que este día de encontro, divertimento, goce e aprendizaxe sexa  algo especial.

Teatro de títeres

O Concello de Ribadeo invita a todas as familias de Preescolar na Casa dos concellos de Alfoz, Barreiros, Foz, Lorenzá, Ribadeo e Valadouro, a participar nunha función de teatro de títeres que terá lugar no auditorio “Hernán Naval” deste Concello o Mércores día 20 de Abril.

Colaboración entre a Asociación de “Axuda ao Enfermo Mental A Mariña” e a Fundación Preescolar na Casa

Con motivo de achegar información ás familias sobre a saúde mental dos nenos, e de dar a coñecer a Asociación de Axuda ao Enfermo Mental A Mariña, nace a colaboración entre a devandita Asociación e o programa Preescolar na Casa, en forma de sesións informativas ás familias participantes nos Espazos das Familias da Fundación Preescolar na Casa.

Estas sesións informativas constan de dous bloques: no primeiro fálase de termos relacionados coas enfermidades mentais, as súas causas e que comportamentos podemos observar nos nenos que nos alerten de que, cando menos, algo non está ben ou que pode ser o indicio dun trastorno Read the rest of this entry »

Xoguetes para os nenos da prisión deTeixeiro en colaboración con Preescolar na Casa

Dende a Subdirección de Tratamento da Prisión de Teixeiro, a través da orientadora da Fundación Preescolar na Casa que traballa nese centro, solicitouse colaboración para recollida de  xoguetes para regalar no Nadal aos nenos que están na prisión. Esta iniciativa levada a cabo tamén o ano anterior, tivo moi boa resposta das familias participantes en Preescolar na Casa, dos concellos de Xermade, Guitiriz, Baamonde e Begonte, doando uns xoguetes Read the rest of this entry »

Preescolar na Casa
En Revistas Educativas
Enquisas

Consideras que Preescolar na Casa é un programa necesario?

View Results

Loading ... Loading ...
Arquivos:
Translator
Galician flagItalian flagPortuguese flagEnglish flagGerman flagFrench flagSpanish flagCatalan flag