Vou ter un irmán (Programa nº 688 na TVG)


María Solar é presentadora da TVG e ademais escritora. Hoxe estará no noso programa para falarnos do seu último libro, “Vou ter un irmán”, un fermoso conto onde narra as vivencias dunha nena que vai ter un irmán. Esta soe ser unha situación vital bastante problemática para os nenos e nenas, pero si a abordamos cunha serie de pautas e con moito cariño, non haberá maiores problemas. Hoxe falaremos de contos e de celos. Vou ter un irmán.

AS COUSIñAS DE CADA DíA

Estamos no Centro Social Maruja Mallo de Lugo. Aquí, nenos, nenas e nais participantes nos Espazos das Familias de Preescolar na Casa compartirán actividades coas persoas maiores do Centro de Día Antonio Gandoy e do Centro de Maiores Alalás. Aos que observamos dende fóra quedounos claro de que se trata dunha experiencia moi enriquecedora, para nenos e para maiores. Os nenos aproveitan a sabedoría, a paciencia e o bo humor das persoas maiores, e estes a alegría e a espontaneidade da infancia. Primeira e terceira idade unidas da man nunha actividade conxunta que paga a pena repetir. Unha experiencia que pon en valor as potencialidades de todos e todas. Unha experiencia comunitaria que fai á sociedade un pouco mellor e máis humana. En definitiva, o obxectivo final de Preescolar na Casa. Un encontro interxeracional.

A AVENTURA DE CRECER

Cantar aos fillos é fermoso e moi educativo. Hoxe veremos e gozaremos a unha nai cantando. Con música aprendemos.

XOGAR E BRINCAR

O xogo é o acto máis serio do neno. Porque xogando, a nena desenvolve a súa intelixencia. Porque xogando, nenas e nenos aprenden a relacionarse co mundo, a comprendelo e a intervir nel. Hoxe imos propor un xogo para pescar sen saír da casa. Un xogo no que propiciaremos a motricidade fina cunha cana de pescar. Só un pau a modo de cana, un cordón e un pequeno arame. Así teremos a cana. E uns peixes de cores. Traballaremos a coordinación óculo-manual e a motricidade fina, ademais de pasalo en grande. Motricidade fina coa cana de pescar.

LIñA DIRECTA

Varios participantes nos Espazos das Familias de Preescolar na Casa contan o que lles aporta a participación nestes Espazos.

CONTRAPORTADA

Seguimos a voltas coa igualdade. rematamos o programa cun canto á igualdade de oportunidades. Sumamos todos, sumamos todas.

PREESCOLAR NA CASA ESPAZOS EDUCATIVOS

PROGRAMA de TV Nº 688

TíTULO: Vou ter un irmán

DATA DE EMISIóN: 17 de decembro de 2011

Comments are closed.

Preescolar na Casa
En Revistas Educativas
Enquisas

Consideras que Preescolar na Casa é un programa necesario?

View Results

Loading ... Loading ...
Arquivos:
Translator
Galician flagItalian flagPortuguese flagEnglish flagGerman flagFrench flagSpanish flagCatalan flag