Homes e educacion (Programa nº 667 na TVG)

Podes ver o programa aquí. Ao longo da historia, a educación, sobre todo nos primeiros anos de vida, foi e aínda segue a ser na maior parte dos casos responsabilidade das mulleres. Entre outras moitas razóns, isto sucede e sucedeu porque é unha tarefa á que non se lle outorgou o prestixio social que se merece. é necesario, coñecer e recoñecer o importantísimo e verdadeiro valor que ten a atención e o coidado na vida das persoas. No programa de hoxe, José Antonio Expósito, orientador da Fundación Preescolar na Casa falará do papel do home na educación. “Homes e educación”.

AS COUSIñAS DE CADA DíA

Acaba de nacer e non sabe quen é. Ata agora viviu feliz, quente, ben alimentado e protexido dentro do corpo da nai. Pero agora está aquí. ás veces sente frío e fame, escoita ruídos estraños, non quere estar só porque sente medo. Os pais teñen diante esta cousiña pequena, un agasallo tan fráxil que os enche de ilusión e tamén lles da un pouco de medo. Vén cunha rica herdanza xenética e cunha personalidade propia. Non é un osiño de peluche, éche unha persoa. Cada nena é única. Cada neno é especial. Son fillos do pai e da nai. Dependen totalmente deles. Tamén os pais teñen un forte compromiso con eles: cambioulles, e moito, a vida. “O bebé quere ser feliz”.

A AVENTURA DE CRECER

Os libros e os contos non poden faltar na vida dos máis pequenos. Hoxe a orientadora de Preescolar na Casa Encarna Santos, cóntanos unha historia de animais. “O libro de animais”.

XOGAR E BRINCAR

Aqueles que vivimos a carón dos nenos e nenas sabemos que aprenden xogando. Co xogo, os nenos exercitan habilidades necesarias para o seu desenvolvemento harmónico. Por iso, pais e educadores, debemos facilitar novas posibilidades e escenarios de xogo. E tamén xoguetes. Aquí téñeno moi claro. Hoxe, neno e adulto van construír un xoguete ben orixinal: un boneco, Antón Lambón, que come todo o que lle boten. Un tragabolas moi orixinal. “Antón Lambón”.

LIñA DIRECTA

Patricia Vázquez del Río, xinecóloga, da resposta á seguinte pregunta: Que riscos conleva o embarazo nas adolescentes?

CONTRAPORTADA

Cos datos do IGE en Galicia somos 2.762.198 habitantes. 1.431495 mulleres e 1.330.703 homes. Hai progresos considerables, pero mulleres e homes non gozan dos mesmos dereitos. As mulleres son máis da metade da sociedade pero están infrarrepresentadas. A participación activa da muller no laboral, social, político e cultural esixe a participación activa dos homes no ámbito doméstico, na educación dos fillos e  no coidado de dependentes. “O 50 % da realidade é feminina”.

PREESCOLAR NA CASA ESPAZOS EDUCATIVOS

PROGRAMA de TV Nº 667

TíTULO: Homes e educación

DATA DE EMISIóN: 5 de febreiro de 2011

Comments are closed.

Preescolar na Casa
En Revistas Educativas
Enquisas

Consideras que Preescolar na Casa é un programa necesario?

View Results

Loading ... Loading ...
Arquivos:
Translator
Galician flagItalian flagPortuguese flagEnglish flagGerman flagFrench flagSpanish flagCatalan flag