Os primeiros anos e a familia na prevención dos malos resultados académicos nos espazos radiofónicos de Preescolar na Casa.

Nunha semana na que o fracaso escolar volveu ocupar moitos comentarios nos medios, no Espazo Educativo da Radio Galega recollemos as valoracións do sociólogo Pau Mari Klose, convencido de que as primeiras idades son decisivas na prevención dos malos resultados académicos. Co investigador catalán  falaremos tamén de políticas de atención á infancia e de inmigración, temas sobre os que achega datos no informe Infancia e Futuro (2010). O programa atende tamén á necesidade de educar a nenas e nenos no gusto pola arte, con actividades sinxelas coma visitar museos ou mirar álbumes ilustrados.

Se sintonizan Radio Principal Cadena Ser, escoitarannos falar de expresión plástica. Repasaremos as etapas polas que nenos e nenas van transitando en actividades coma a pintura, o debuxo ou a modelaxe. O obxectivo, ofrecer ás familias información e recursos para acompañar aos fillos na aventura de medrar. Con esta mesma intención, falaremos tamén de tarefas escolares. Marisol Fernández Rocha apunta algunhas pautas para que os nenos adquiran bos hábitos.

Comments are closed.

Preescolar na Casa
En Revistas Educativas
Enquisas

Consideras que Preescolar na Casa é un programa necesario?

View Results

Loading ... Loading ...
Arquivos:
Translator
Galician flagItalian flagPortuguese flagEnglish flagGerman flagFrench flagSpanish flagCatalan flag