Favorecendo o achegamento das familias á escola

Durante esta primeira quincena de xuño, moitos dos nais, pais, nenos e nenas

Primeiro día de escola (Preescolar na Casa)

Primeiro día de escola (Preescolar na Casa)

participantes nos Espazos das Familias de Preescolar na Casa de distintas zonas de Galicia que se van incorporar á escola, están a realizar visitas aos distintos centros escolares onde se incorporarán no próximo mes de setembro. Trátase dunha actividade enriquecedora e positiva, moi valorada polas familias e polas propias institucións educativas, que ven nela un xeito de facilitar o período de adaptación, a convivencia na escola e a futura colaboración das familias. (Ao cole por primera vez (Fichas PnC “A aventura de crecer…”) )

A entrada na escola supón para os nenos e as nenas un paso decisivo. Comeza a escolaridade, que vai estar presente nas súas vidas cando menos ata os dezaseis anos.

Demasiados anos como para vivilos dun xeito negativo, polo que tanto pais e nais, coma mestres, mestras e institucións educativas en xeral debemos facer un esforzo para que esta etapa vital sexa vivida da mellor das maneiras posibles.

Por iso, estes días estanse a visitar os futuros Centros Escolares. Coñecer o centro, as súas instalacións e os seus traballadores acompañados dos papás e as mamás é importantísimo para achegarse con ilusión ao mundo novo da escola. O ano que ven os nenos van pasar nela moitas horas. Coñecer a propia aula é ao mestre tamén dará confianza e seguridade aos pais e nais.

Esta actividade de visita aos centros compleméntase coa reflexión sobre as actitudes e comportamentos que desde a familia poden favorecer a entrada dos nenos e nenas na escola e con información e motivación cara  a necesaria colaboración de todos na educación dos nenos e nenas. (Familia e escola compartindo responsabilidades (Fichas PnC “A aventura de crecer, o desafío…”)

A partir de agora familia e escola teñen que estar xuntos polo que con esta actividade preténdese crear unhas boas bases iniciais que favorezan a comunicación e colaboración entre pais, nais, mestres e mestras o que influirá especialmente na adaptación positiva dos nenos ao centro e no seu desenvolvemento global.

Acudir cos fillos á escola, preocupándonos e participando do que alí se fai e favorecer a participación das familias na escola é un elemento determinante da calidade educativa e, o máis importante, aspecto clave para o desenvolvemento persoal e educativo das nenas e nenos.

Comments are closed.

Preescolar na Casa
En Revistas Educativas
Enquisas

Consideras que Preescolar na Casa é un programa necesario?

View Results

Loading ... Loading ...
Arquivos:
Translator
Galician flagItalian flagPortuguese flagEnglish flagGerman flagFrench flagSpanish flagCatalan flag