Apoios nos concellos de Boimorto e Bergondo a Preescolar na Casa

No pleno celebrado onte no Concello de Boimorto (A Coruña) aprobouse por unanimidade unha moción de apoio a Preescolar na Casa. Acordouse elevar ao sr. Presidente da Xunta de Galicia esta petición de que faga o posible para non só manter este programa, senón para que se xeneralice, “o cal redundaría nun evidente beneficio e servizo á calidade da educación na nosa comunidade”.

No concello de Bergondo (A Coruña) tamén prosperou unha moción similar, para demandar á Xunta de Galicia o mantemento das axudas a este programa, referente mundial no eido educativo.

Grazas a estes concellos por crer no noso traballo.

Comments are closed.

Preescolar na Casa
En Revistas Educativas
Enquisas

Consideras que Preescolar na Casa é un programa necesario?

View Results

Loading ... Loading ...
Arquivos:
Translator
Galician flagItalian flagPortuguese flagEnglish flagGerman flagFrench flagSpanish flagCatalan flag