Máis apoios a Preescolar na Casa dende Monterroso, Cospeito, Allariz e O Corgo
Nos plenos dos concellos de Monterroso (Lugo), Cospeito (Lugo), Allariz (Ourense) e O Corgo (Lugo) aprobáronse mocións de apoio á Fundación Preescolar na Casa, pedindo a conservación, como mínimo, dos recursos económicos destinados na actualidade a nosa entidade. Grazas a estes concellos polo seu apoio.