As familias da Zona de Coruña Norte visitarán o Aquarium Finisterrae

O vindeiro día 10 de Marzo, como vén sendo tradicional nestas datas, as familias partipantes nos Espazos das Familias da Zona Norte de Coruña visitarán de xeito gratuíto a Casa dos Peixes.

Trátase dunha actividade lúdica que ten como finalidade o aproveitamento dos recursos do contorno. Dende Preescolar na Casa cremos que a realización deste tipo de actividades favorecen o coñecemento do contorno e  permiten ofrecer a nenos e nenas novas experiencias en relación con elementos do medio físico, natural e social; dándolles  a posibilidade de interaccionar co entorno de xeito cada vez máis elaborado, complexo  e diverso; ao tempo que permiten facilitar a toma de conciencia de pertenza a ese medio, xerando actitudes de respecto e valoración polos elementos presentes no contorno, procurando desenvolver habilidades, destrezas e competencias novas.

Comments are closed.

Preescolar na Casa
En Revistas Educativas
Enquisas

Consideras que Preescolar na Casa é un programa necesario?

View Results

Loading ... Loading ...
Arquivos:
Translator
Galician flagItalian flagPortuguese flagEnglish flagGerman flagFrench flagSpanish flagCatalan flag