50 cousas que saber sobre os chegados de a pouco (Programa nº 677 na TVG)

1º día no hospital (Preescolar na Casa)

1º día no hospital (Preescolar na Casa)

(Podes ver o programa aquí). Cando un bebé chega ao mundo, aos pais e nais lles xorden moitas dúbidas. E se son pais por primeira vez, isto convértese en toda unha aventura. Como transcorre o día a día do bebé? Que se debe saber para non alarmarse innecesariamente? A que sinais hai que prestar atención?. Manuel Silveira, Pediatra e Xefe de Servizo de Pediatría do Hospital de Burela, Lugo, estará hoxe no noso programa para falarnos destas e outras cousas relacionadas cos momentos posteriores ao parto. Manuel Silveira acaba de publicar un libro titulado “50 cosas que debes saber sobre un recién nacido” onde plasma a súa experiencia. “50 cousas que saber sobre os chegados de a pouco”.

AS COUSIñAS DE CADA DíA

Imos de visita cos nenos ata Ferreiravella, en Riotorto, a parroquia dos ferreiros. O traballo artesanal co ferro deulle moita vida a esta zona rural, e aínda lla segue a dar. Ferro, lume e auga. A auga é a forza que move os mecanismos para traballar o ferro. Nenas e nenos achegáronse aquí e abriron os ollos. Escoitaron e aprenderon. Observaron o traballo das mans, a arte dun oficio que tenta sobrevivir nun mundo cada vez máis mecanizado. En Ferreiravella o traballo artesanal é toda unha obra de arte e de respecto á tradición e, por que non, unha aposta polo futuro.. “O pobo dos ferreiros”.

A AVENTURA DE CRECER

Veremos unha serie de exercicios recomendados a nais xestantes en Vilalba, con Beni Martínez, matrona do SERGAS de ampla experiencia, exercicios deseñados para axudar ás futuras nais para que percorran xuntas o último tramo de preparación para o parto. “Preparación maternal para o nacemento”.

XOGAR E BRINCAR

Os aros son ben divertidos. Son redondos e rodan. Son moi grandes e tamén pequenos. Son moi alegres e están vestidos de cores verdes, amarelos, vermellos e azuis. Son liviáns, seguros e moi baratos. Os aros son xoguetes divertidos.  Cun pouquiño de imaxinación podemos argallar unha infinita variedade de xogos. Cos aros, nenos e adultos, xogan xuntos. “A voltas cos aros”.

LIñA DIRECTA

Rosa Rivas, Profesora da Universidade de Santiago de Compostela da resposta a unha pregunta que preocupa a moitos pais e nais: Se o noso fillo cecea, que podemos facer?

CONTRAPORTADA

O Día Internacional da Danza foi establecido polo Consello Internacional de Danza en 1982 co fin de atraer a atención sobre esta arte o 29 de abril de cada ano. “Día Internacional da Danza 2011”.

PREESCOLAR NA CASA ESPAZOS EDUCATIVOS

PROGRAMA de TV Nº 677

TíTULO: 50 cousas que saber sobre os chegados de a pouco

DATA DE EMISIóN: 30 de abril de 2011

Comments are closed.

Preescolar na Casa
En Revistas Educativas
Enquisas

Consideras que Preescolar na Casa é un programa necesario?

View Results

Loading ... Loading ...
Arquivos:
Translator
Galician flagItalian flagPortuguese flagEnglish flagGerman flagFrench flagSpanish flagCatalan flag