Parentalidade positiva (Preescolar na Casa nº 687 na TVG)


A parentalidade positiva é un concepto moi de actualidade que evoca ao exercicio axeitado na educación dos fillos e fillas. Desenvolver a función de pai e nai cunhas actitudes correctas e de respecto cara aos nenos e nenas, tentando ter a maior formación posible. Pablo Sánchez é un pai participante nos Espazos das Familias de Preescolar na Casa que está hoxe connosco para falarnos desto e tamén da súa experiencia. Parentalidade positiva.

AS COUSIñAS DE CADA DíA

A casa e o contorno máis próximo ao neno. Un ambiente harmonioso e cálido é o escenario ideal para que os máis pequenos desenvolvan unha personalidade sana. Para iso hai que respectar as necesidades básicas dos nenos nun ambiente onde poidan estar relaxados. Un lugar seguro para moverse e xogar, un lugar agarimoso onde o neno ou a nena se sintan seguros. A casa o medio que nos educa.

A AVENTURA DE CRECER

O outono está a piques de rematar. Pero saímos cos máis pequenos a gozar del. Porque o outono é unha estación que nos pode deparar moitas aprendizaxes, todas elas positivas. Cores novas, cores vellas.

XOGAR E BRINCAR

Nenas e nenos están todos sentados ao redor da mesa tapada cun pano. Entran adultos coa caixa máxica e colocan enriba da alfombra con moito coidado. é unha caixa xigante. Ten as paredes de moitas cores. A maxia, a fantasía, a imaxinación son algúns dos ingredientes que temos que cociñar no tempo educativo dos nenos e das nenas. O inédito, o chamativo, os elementos sorpresa son dos recursos que podemos empregar para estimular a imaxinación dos máis pequenos. Hoxe intentámolo cunha caixa chea de sorpresas e cunha variña máxica. A caixa e a variña máxica.

CONTRAPORTADA

Nunca nos cansaremos de incidir na importancia de coeducar. Coeducar é educar sen ter en conta o xénero. Rematamos cunha mensaxe sobre isto. Coeducar é educar.

PREESCOLAR NA CASA ESPAZOS EDUCATIVOS

PROGRAMA de TV Nº 687

TíTULO: Parentalidade positiva

DATA DE EMISIóN: 10 de decembro de 2011

Comments are closed.

Preescolar na Casa
En Revistas Educativas
Enquisas

Consideras que Preescolar na Casa é un programa necesario?

View Results

Loading ... Loading ...
Arquivos:
Translator
Galician flagItalian flagPortuguese flagEnglish flagGerman flagFrench flagSpanish flagCatalan flag