Voluntariado (Programa nº 695 na TVG)


Temos hoxe connosco a Javier Agrafojo, coordinador do Servizo de Participación e Integración Universitaria da Universidade de Santiago de Compostela. Falamos con el da importancia do papel dos voluntarios na mellora da sociedade. Falamos de como fomentar dende a familia a importancia de axudar e colaborar de xeito altruísta. Voluntariado.
AS COUSIñAS DE CADA DíA
Neste programa sempre reivindicamos o papel dos avós e das avoas na educación dos máis pequenos. Para os nenos e nenas, a relación con eles é enriquecedora en moitos apartados. Entre outras cousas, transmiten as pegadas doutras épocas, a continuidade xeracional e a pertenza a unha mesma árbore familiar. Aportan tamén a propia experiencia vivida e reflexionada. Aportan o seu saber. Nin máis nin menos que avós.
A AVENTURA DE CRECER
Hoxe falamos de saúde e de educación viaria. Xa todos sabemos o malo que é o tabaco. Pero si convivimos con nenos e nenas pequenas isto témolo que ter moito máis en conta. E fumar no coche, con nenos dentro, é moi nocivo. é unha cámara de gas, aparte de ser un factor máis para producir un accidente. Non fumes no coche.
XOGAR E BRINCAR

Ao longo do espazo e do tempo, en todas as épocas, culturas e paisaxes, os nenos xogan. Cada xogo é campo de probas, teatro de destrezas e emocións, escenario de experimentación e creatividade. Cada xogo é unha ocasión para ensaiar identidades e para establecer relacións. O xogo é ese lume da vida que arde no corpo dos máis pequenos. Xogo infantil, o lume da vida.
CONTRAPORTADA

A saúde dunha cidade é directamente proporcional á presenza de nenos e nenas nas rúas. Debemos habilitar espazos para eles nas cidades. Máis que habilitar espazos, facer cidades que sexan vivibles para os máis pequenos. Nenos na rúa.
PREESCOLAR NA CASA ESPAZOS EDUCATIVOS
PROGRAMA de TV Nº 695
TíTULO: Voluntariado
DATA DE EMISIóN: 18 de febreiro de 2012

Comments are closed.

Preescolar na Casa
En Revistas Educativas
Enquisas

Consideras que Preescolar na Casa é un programa necesario?

View Results

Loading ... Loading ...
Arquivos:
Translator
Galician flagItalian flagPortuguese flagEnglish flagGerman flagFrench flagSpanish flagCatalan flag